Mostrando entradas con la etiqueta prensa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta prensa. Mostrar todas las entradas

12 abr 2008


O Catecismo do Labrego,
de Valentín Lamas Carvajal
(aqui na súa primeira edición no xornal O Tío Marcos d´a Portela)

Unha das obras clave, neste caso en prosa,
do Rexurdimento galego.
Que anuncia o movemento agrarista
que nacerá poucas décadas despois.
Un clásico tamén da literatura anticaciquil
na península.

Outra portada de La Centuria, n. 5, 1917.
Cunha nidia estética modernista.

La Centuria (1917)
A mítica revista neosófica de don Vicente Risco.
Hai unha edición facsímile na Ed. Sotelo Blanco, 1981, con limiar de Xulio F. Ogando Vázquez.
Máis información sobre a revista:
M. Valcárcel, A prensa en Ourense e a súa provincia, 1987.
Diccionario de Literatura Galega. II. Publicacións. Ed. Galaxia.

7 abr 2008


Portada da revista Bisbarra,
das terras de Cea e outros concellos,
cun fermoso debuxo de Felipe Senén
(In memoriam Xosé M. Quintela, que tanto traballou nela e en tantas cousas)

31 mar 2008


Revista Posío, Ourense, 1945
Véxase tamén a súa segunda etapa (1951)

27 mar 2008



Portada da revista literaria ourensá Posío (1951)

Foi a publicación cultural máis relevante dos anos 50 en Ourense, na que colaboraron, entre moitos outros, José Luís Varela, Pura Vázquez e un mozo José Ángel Valente

Existe unha reedición facsímil preparada polo Centro Ramón Piñeiro (con artigos de Luís Alonso Girgado, Segundo Alvarado, Marcos Valcárcel, etc.).

(Para máis documentación, véxase en As Uvas na Solaina, a entrega de 1951 na serie "Cen Anos de Historia Cultural").