Mostrando entradas con la etiqueta Carlos Casares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Carlos Casares. Mostrar todas las entradas

3 may 2008


Recital poético no Liceo de Ourense, na sala de tertulias, mediados dos 90
Organizado polo Clube Cultural Alexandre Bóveda, nun Encontro de Escritores Ourensáns.
En primeira fila, Bieito Iglesias, Cristina Berg, Carlos Casares, M.V. e Xoán Fonseca.
Recitaban Manuel Guede Oliva, Chus Pato e Manuel Outeiriño (ver As Uvas na Solaina, maio 2008)
Neste mesmo local, ó fondo, facía Casares tertulia no Liceo cando viña á súa cidade natal. Hoxe hai alí, na parede do fondo, unha placa que lembra esa presenza.

24 abr 2008


Foto histórica do recital do cantautor catalán Raimon en Compostela, 1967. O ourensán Carlos Casares, na foto, foi un dos promotores do acto.
A imaxe pertence á Mostra sobre Maio do 68 exhibida en Santiago en abril do 2008.

19 abr 2008


Ramón Otero Pedrayo,
por Siro López

I Bienal Caricatura de Ourense, 1993
Esta caricatura foi reproducida múltiples veces. Pero, se a memoria non me falla, Siro debeu publicala por primeira vez na sección "Con esta lupa" de Carlos Casares, en La Región, aló polo 1973-1974.

7 abr 2008


Carlos Casares (con Cristina) e Alfredo Conde nun xantar da Festa de Trasalba, en 1982. Foto achegada por Afonso V. Monxardín (falamos dela nas UVAS 29-12-07). O que está de pé coas maracas é un dos compoñentes da charanga do Cuco de Velle.

Carlos Casares en Ourense, na Alameda,
na festa do Magosto de 1972, cando pronunciou o pregón oficial.
Con el na foto a súa moza (daquela) Critina Berg e o concelleiro Manuel Rego Nieto. Outros personaxes da imaxe están identificados en As Uvas 27-12-07.

3 abr 2008


Carlos Casares foi o autor do primeiro estudo
e biografía-conversa con Ramón Piñeiro,
no volume Ramón Piñeiro. Unha vida por Galicia (Fundación Caixa Galicia, 1991).
Poucos meses antes de morrer RP., veu un día con Casares a Ourense. Vinos pasear polo Xardín do Posío, ó lonxe. Aquel día non me atrevín a lles falar nin a achegarme a eles.

2 abr 2008


Os mortos daquel verán (1987),
de Carlos Casares,
unha das primeiras novelas sobre a guerra civil
publicadas na Galicia interior
(outras apareceran antes no exilio).

ILUSTRÍSIMA,
unha das novelas máis populares de Carlos Casares (1980)

1 abr 2008


Carlos Casares nos anos 70,

co seu fillo Hakan, aínda moi pequeno...


Carlos Casares nos anos 60,

na época que se narra en

Xoguetes pra un tempo prohibido (1975)


Carlos Casares recolle, como presidente do Consello da Cultura Galega, o premio Ourense BD, en outubro do 2001.
Nese ano o CCG iniciara varias actividades na Rede para potenciar o mundo da Banda Deseñada galega.

28 mar 2008


Xoguetes pra un tempo prohibido (1975)
un libro fundamental na narrativa e na vida
de Carlos Casares

Crónica dunha xeración en Compostela.

A galiña azul (1968)
de Carlos Casares


Obra pioneira
na literatura infantil galega

Vento ferido, 1967
de Carlos Casares
Un libro aínda hoxe ben vivo. Primeira entrega narrativa do autor ourensán.

27 mar 2008

Virxilio, Casares, Celso Emilio Ferreiro...

Na festa da Saínza, primeiros anos 70. Tamén estaban Pilar Vázquez Cuesta e a súa filla (hoxe xa falecida). A historia (o que sabemos) desta foto en As Uvas na Solaina, 6 setembro 2007.

26 mar 2008

Homenaxe a Carlos Casares


Homenaxe a Carlos Casares, 20 maio 1994, no restaurante San Miguel de Ourense, organizada polo Clube Cultural Alexandre Bóveda.
(Foto Eduardo Núñez. De esquerda a dereita: Marcos Valcárcel, Benito Losada, Carlos Casares, J. A. Outeiriño e Afonso Vázquez-Monxardín.