Mostrando entradas con la etiqueta Arquitectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arquitectura. Mostrar todas las entradas

17 abr 2008

O Café Victoria
Fermosas imaxes (están tamén nas Uvas, 17-4-08), que nos envía o amigo Trebolle.
É o Café Victoria, na Avda. de Pontevedra. Leva meses pechado, por orde municipal, por un problema urbanístico: ten os servizos intercalados no edificio da súa esquerda e este está ameazado de derruba, creo. Por sorte, os novos propietarios deste café, cando o instalaron (haberá uns 20-25? anos), tiveron o bo gusto de deixar a decoración orixinal do mesmo, dun antigo comercio de "Coloniales Plus Ultra".
Segundo nos informou Xabier Álvarez nas Uvas, na galería da primeira planta estivo o Colexio Marista e el mesmo estudou alí.

Téñenme contado que foi a xornalista Maribel Outeiriño quen impediu que tirasen abaixo ese mural con azulexos cando o ían estragar os obreiros da reforma e convenceu ós propietarios de que se salvasen. En Ourense sempre estamos a laiarnos do que se perdeu (o Volter, tantos murais en comercios e edificios privados, etc.): ben, aquí temos, por sorte, unha mostra do contrario.

12 abr 2008

Casas da Praza do Campo
segundo un debuxo conservado no AHPOR
(foto Fernando del Río)

Praza Maior de Ourense (vista actual).
Na actual Avenida de Pontevedra, comezos do século XX

"Nesta beirarrúa estaban varios dos vellos cafés-cantantes ourensáns: o Victoria, o Unión, o Iberia e o Regio (nome que tivo que cambiar polo de Riego cando chegou a República): E moi perto, fronte ó antigo Seminario, o Moderno" (Anselmo López Morais, El Orense perdurable, La Región, 2000).

O Hotel Miño,
proxectado por Vázquez-Gulías,
na rúa do Paseo, un dos centros de sociabilidade da cidade dende o século XX

Antiga Rúa de Alba, hoxe Cardenal Quiroga (supoño que arredor dos anos 30)
Na beira da dereita, a Farmacia de Luís Fábrega Coello, que foi líder republicano do Partido Radical e presidente da Deputación nese período.

Ourense dende os balcóns.
Foto achegada por David Simón.
Anos 60 ou quizais antes aínda?

Ourense dende os balcóns: a praza do Bispo Cesáreo, antes do traslado da estatua de
Concepción Arenal.
Foto achegada por David Simón.

6 abr 2008

O ceo
Outra foto achegada por Gustavo Peaguda (graciñas de novo).

O seu autor titulouna "O ceo " e quere compañala dos seguinte versos de Millán Picouto do seu poema Amieiros":
"tal beleza e tanto porte
pra acarbardes e acabarmos
arrasados pola morte" .

5 abr 2008


Vista posterior da Catedral
nun dos debuxos de Xosé Conde Corbal
para El Orense Perdurable

O Banco de España

fronte ás terrazas da Bilbaína.

Tanto o Banco como a Bilbaína existían xa na década dos 30, pero, polas torres do fondo, a foto debe ser bastante posterior.


Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense
(Foto: web amnigosdelrománico.org, David de la Garma, 2000)

28 mar 2008


AS BURGAS NOS COMEZOS DO SÉCULO XX
a orixe da cidade e un espazo literario excepcional:
Lamas Carvajal (Os graxos da Burga), Blanco Amor, etc.

Non hai aínda moito que se foron de alí as leiteiras, pois alí acudían a diario a lavar os seus cacharros. Non estaría aquí mellor colocada A leiteira de Ramón Conde, hoxe no Paseo?

CASA DE FERMÍN GARCÍA, NA PRAZA MAIOR,
do arquitecto Daniel Vázquez-Gulías, 1909.

Hoxe unha das sedes culturais de Caixanova.
Información sobre este edificio no libro
La transformación de una ciudad. Orense, 1880-1936, Concello Ourense, 1995 (Mª Victoria Carballo-Calero Ramos, M. Valcárcel, Javier Suances)

26 mar 2008

A Bilbaína


Café Cantante A Bilbaína, inaugurado o 1 de abril de 1933, situado na casa da rúa do Paseo onde estaba (e está, creo) o Consulado de Portugal. Sobre a apertura do café, "Historia en 4 Tiempos. La Región" 1 abril 2008, de Maribel Outeiriño.
(Outros datos, supoño que errados, sitúan a inauguración o 4 de xullo de 1931).