Mostrando entradas con la etiqueta Sociabilidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sociabilidade. Mostrar todas las entradas

3 may 2008


Xurado dos Maios en Ourense, anos 79 (1978-79?), na Alameda.
Presentes, de dereita á esquerda, José A. Outeiriño, Anxo de Celanova, "Ben-Cho-Shey", (?), o poeta Millán Picouto e, creo, Fernando González.

Arlequín, de Xaime Quessada

Procedencia: web do Círculo das Artes
de Lugo

24 abr 2008


Foto do Tucho, o dono do "Volter".
Publicada en Faro de Vigo,
"Domingo", 4.9.1988.
Recollida dende o blog de Ana Bande.

Interior do bar Tucho. Foto M.A.R. Yánez, tomada de prestado do blog de Ana Bande.

O Tucho no interior do "Volter". Foto Miguel Ángel R. Yánez, "Picho", prestada dende o blog de Ana Bande.
Cruz Vermella
Foto achegada por X.L. Carrión; (c) Leuter G. Salgado.


En Reis do 36, a Cruz Vermella de Ourense entregou agasallos aos nenos/as máis necesitados. Na foto recoñécense: Peña Rey - ? - ? - ? - Leuter González Salgado - ? - Josefina Bustamante (Fita, dona de Ramón Otero Pedrayo) - ?....

Cruz Vermella
Foto achegada por Xosé Lois Carrión; (c) Leuter Gzez. Salgado.

Os practicantes da Cruz Vermella Arturo Reigosa e Aurelio, xunto con nenos e nenas merendando cuncas de chocolate, na sede da entidade -baixos da Deputación, rúa Fonte do Rei-. Foto Villar, 1931. Esta foto, xunto a outras vinculadas a Leuter González Salgado, foron cedidas para figuraren na publicación "Imaxes da Cruz Vermella", editada pola Deputación en 1996 por mor da inauguración da nova sede provincial, na rúa Díaz de la Banda (ao entrar na ponte nova, dirección estación de ferrocarril, á dereita).

19 abr 2008


Manuel de Dios,
poeta, músico, compositor...

Caricatura de Carlos Quesada
Catálogo I Bienal Caricatura Ourense, 1993.
Ver As Uvas na Solaina, 18 abril 2008.

15 abr 2008

festa da República, 14-4-08: parada diante da estatua de Buciños a Bóveda e representación de Sarabela, con Fernando Dacosta no papel do mártir galeguista (foto Monxardín 7/10)
festa República, 14-4-08 e homenaxe ós Artistiñas do Volter:
na solaina do mesón de María Andrea, no Eirociño dos Cabaleiros, Arturo Baltar, Buciños, Xosé Luís de Dios e Acisclo Manzano
(foto Monxardín, 6/10)

festa República e homenaxe ó Volter: na praza do Ferro, lembranza das pezas de Arturo Baltar (foto Monxardín, 3/10)
festa República 14-4-08, curiosa vista da Igrexa Sta. Eufemia
(foto Monxardín, 2/10)
festa da República e homenaxe ó Volter, 14 abril 2008 (foto Monxardín, 1/10)

14 abr 2008

Otero Pedrayo con Afonso Monxardín e a súa dona Emilia,
en Lisboa, ano 1947.
Os que acompañan a don Ramón eran os avós de Afonso Vázquez-Monxardín, contertulio e amigo das Uvas, a quen agradezo especialmente esta fermosa imaxe, moi pouco coñecida ou inédita ata hoxe.

Foto: Banquete galeguista en Ourense a Emilia Docet, Miss España, 1933. Na imaxe están Vicente Risco (beira esquerda) e Otero Pedrayo, diante da bandeira; tamén Álvaro Cunqueiro, o poeta Manuel Luís Acuña, Ramiro Illa Couto, Leuter González Salgado (avó de X.L. Carrión), Afonso Vázquez Monxardín (avó de AVM), Fita ou Josefa Bustamante (muller de Otero), Manuel Peña Rei (presidente do PG en Ourense), E. Blanco Amor, Xosé Luís Ramos, Xosé Goyanes, etc. ). Aparecen todos os asistentes identificados no libro que Edicións Xerais lle dedicou a Manuel Luís Acuña.

12 abr 2008


Os limpabotas na Praza Maior
Unha imaxe tradicional case todo o século XX, hoxe xa desaparecida.
Na actual Avenida de Pontevedra, comezos do século XX

"Nesta beirarrúa estaban varios dos vellos cafés-cantantes ourensáns: o Victoria, o Unión, o Iberia e o Regio (nome que tivo que cambiar polo de Riego cando chegou a República): E moi perto, fronte ó antigo Seminario, o Moderno" (Anselmo López Morais, El Orense perdurable, La Región, 2000).

O Hotel Miño,
proxectado por Vázquez-Gulías,
na rúa do Paseo, un dos centros de sociabilidade da cidade dende o século XX

O escritor e xornalista Camilo Franco e o músico Magín Blanco nun concerto-recital literario na Casa da Xuventude (11 abril 2008). Foto Pili Prol (de La Voz de Galicia).
Ourense dende os balcóns.
Foto achegada por David Simón.