Mostrando entradas con la etiqueta Galeguismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galeguismo. Mostrar todas las entradas

27 abr 2008

Xosé Manuel Núñez Seixas, historiador ourensán.

Unha nota miña na serie Ourense, universo literario (2000):
Xosé Manuel Núñez Seixas (Ourense, 1966), profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade de Compostela. Foi investigador do Instituto Universitario Europeo de Florencia onde presentou a súa tese doutoral sobre o problema das nacionalidades na Europa de entreguerras. Os seus estudios máis coñecidos son “O galeguismo en América, 1879-1936” (Ed.do Castro, 1992) e, en coautoría con Xusto Beramendi, “O nacionalismo galego” (A Nosa Terra, 1995), valiosa síntese interpretativa da historia deste movemento; é autor ademais de múltiples monografías en congresos e revistas especializadas e de obras como “Emigrantes, caciques e indianos” (Xerais, 1998) e “Los nacionalismos en la España contemporánea” (Hipótesis, 1999). Organizou e coeditou con X.Beramendi o congreso e dous volumes de “Nationalism in Europe: Past and Present” (Santiago, 1994).

24 abr 2008


Don Albino Núñez Domínguez,
director de "Escuela del Trabajo" (ATEO)
e fundador dos Estudios Galicia.
Nos anos republicanos colaborou co Partido Republicano Radical Socialista en Ourense, como moitos outros mestres progresistas da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Ourense (ATEO).

Os seus descendentes están a recoller, en varios volumes, as súas prosas xornalísticas e poemas (ver As Uvas 22-4-2008).
Máis información en http://www.albinonunez.com/


Leuter González Salgado nos seu derradeiros anos (c)
Foto achegada por X. L. Carrión.

A autora da foto é Cristina Nuevo, dona -hoxe viúva- de Cesáreo Saco, vello mestre galeguista de Monforte de Lemos, aínda que tras a Guerra Civil negouse a asinar o obrigatorio documento de adhesión ao réxime franquista esixido para convalidar o título de mestre obtido na República. Antes que aceptar, estudou Dereito e viviu da Avogacía. Foi un dos fundadores -o 23 de agosto de 1963- do Partido Socialista Galego (PSG), organización pola que foi concelleiro dentro de Unidade Galega (formada polo PSG, PGSD -Partido Galego Social Demócrata- e POG -Partido Obreiro Galego-). Deixou a militancia coa desaparición do PSG, a comezos dos anos 80. A foto, aínda que tirada en novembro de 1963, recollía unha imaxe de Leuter Salgado moi similar á que tivo á fin da súa vida (29.03.1977). (XLC.)
Ver As Uvas na Solaina 22 abril 2008.

Leuter González Salgado nos anos 30 (c)
Foto achegada por X. L. Carrión.

Leuter González Salgado (c)
Colección achegada por X. L. Carrión

Caricatura de Leuter González Salgado por parte de Carlos Maside, publicada en "Galicia Emigrante", ano V, febreiro.marzo de 1958, revista que se editaba en Bos Aires dirixida por Luis Seoane. Copio literalmente o pé da caricatura: "Eleuter González Salgado, notable pedagogo gallego al que se deben además numerosos estudios breves dedicados a temas de Galicia, en una pose suya en la asamblea de minicipios de Compostela, recogida en rápido apunte por el magistral lápiz de Maside".
Cruz Vermella
Foto achegada por X.L. Carrión; (c) Leuter G. Salgado.


En Reis do 36, a Cruz Vermella de Ourense entregou agasallos aos nenos/as máis necesitados. Na foto recoñécense: Peña Rey - ? - ? - ? - Leuter González Salgado - ? - Josefina Bustamante (Fita, dona de Ramón Otero Pedrayo) - ?....

Cruz Vermella
Foto achegada por X.L. Carrión; (c) Leuter G. Salgado.

Xunto con membros da Cruz Vermella aparecen, no centro, Andrés Perille (presidente da entidade entre 1933-35) e Leuter González Salgado. concelleiro de Ourense. Segundo indica a publicación da Cruz Vermella: "...no ano 1933 o Concello de Ourense implícase no Dispensario da Cruz Vermella pois, o 30 de setembro de 1933 asinará un acordo no que subvencionará con 8.000 pesetas o Cuarto de Socorro...".

Cruz Vermella.
Foto achegada por X.L. Carrión; (c) Leuter G. Salgado.

Ano 1934. Damas postulantes ourensás. Están localizadas/os: Adiante: ? - ? - ? - Lucita Rego - ? - ? - Peña Rey (dona do xinecólogo Echegóyen, irmá de Manuel) - Conchita Maceda (dona de Rodríguez Portugal). Detrás: Leuter G. Salgado, presidente provincial da Cruz Vermella - Arturo Reigosa (practicante) -Manuel Suárez Castro - ?.

19 abr 2008


Antón Lousada Diéguez
Caricatura de Castelao
Catálogo 1 Bienal Caricatura
Ourense, 1993

15 abr 2008


festa República 14-4-08, homenaxe a Buciños diante do seu monumento a Alexandre Bóveda (foto Trebolle 9/10), con representación de Sarabela
festa da República, 14-4-08: parada diante da estatua de Buciños a Bóveda e representación de Sarabela, con Fernando Dacosta no papel do mártir galeguista (foto Monxardín 7/10)

14 abr 2008


Foto: Banquete galeguista en Ourense a Emilia Docet, Miss España, 1933. Na imaxe están Vicente Risco (beira esquerda) e Otero Pedrayo, diante da bandeira; tamén Álvaro Cunqueiro, o poeta Manuel Luís Acuña, Ramiro Illa Couto, Leuter González Salgado (avó de X.L. Carrión), Afonso Vázquez Monxardín (avó de AVM), Fita ou Josefa Bustamante (muller de Otero), Manuel Peña Rei (presidente do PG en Ourense), E. Blanco Amor, Xosé Luís Ramos, Xosé Goyanes, etc. ). Aparecen todos os asistentes identificados no libro que Edicións Xerais lle dedicou a Manuel Luís Acuña.

12 abr 2008


Vicente Risco e Florentino Cuevillas
nunha visita a San Cibrán de Las
(anos 40-50).

1 abr 2008



Otero Pedrayo, Domingo García Sabell e Fernández del Riego

na homenaxe que lle tributaron a don Ramón

no Centro Galego de Buenos Aires, en 1959

(Fonte: Teoría de Galicia, de Otero Pedrayo, Ed. Alvarellos, 2007)

28 mar 2008


Ben-Cho-Shey con Xosé Fernández Ferreiro e Gala Murguía (a filla de Rosalía). Foto de 1958 (detrás, dona Fita, a muller de Otero).