Mostrando entradas con la etiqueta Cafés. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cafés. Mostrar todas las entradas

17 abr 2008

O Café Victoria
Fermosas imaxes (están tamén nas Uvas, 17-4-08), que nos envía o amigo Trebolle.
É o Café Victoria, na Avda. de Pontevedra. Leva meses pechado, por orde municipal, por un problema urbanístico: ten os servizos intercalados no edificio da súa esquerda e este está ameazado de derruba, creo. Por sorte, os novos propietarios deste café, cando o instalaron (haberá uns 20-25? anos), tiveron o bo gusto de deixar a decoración orixinal do mesmo, dun antigo comercio de "Coloniales Plus Ultra".
Segundo nos informou Xabier Álvarez nas Uvas, na galería da primeira planta estivo o Colexio Marista e el mesmo estudou alí.

Téñenme contado que foi a xornalista Maribel Outeiriño quen impediu que tirasen abaixo ese mural con azulexos cando o ían estragar os obreiros da reforma e convenceu ós propietarios de que se salvasen. En Ourense sempre estamos a laiarnos do que se perdeu (o Volter, tantos murais en comercios e edificios privados, etc.): ben, aquí temos, por sorte, unha mostra do contrario.

12 abr 2008

Na actual Avenida de Pontevedra, comezos do século XX

"Nesta beirarrúa estaban varios dos vellos cafés-cantantes ourensáns: o Victoria, o Unión, o Iberia e o Regio (nome que tivo que cambiar polo de Riego cando chegou a República): E moi perto, fronte ó antigo Seminario, o Moderno" (Anselmo López Morais, El Orense perdurable, La Región, 2000).

26 mar 2008

A Bilbaína


Café Cantante A Bilbaína, inaugurado o 1 de abril de 1933, situado na casa da rúa do Paseo onde estaba (e está, creo) o Consulado de Portugal. Sobre a apertura do café, "Historia en 4 Tiempos. La Región" 1 abril 2008, de Maribel Outeiriño.
(Outros datos, supoño que errados, sitúan a inauguración o 4 de xullo de 1931).