Mostrando entradas con la etiqueta Monumentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Monumentos. Mostrar todas las entradas

3 may 2008


Selo dedicado ó Santo Cristo de Ourense
ver As Uvas na Solaina, 3 maio 2008

Interior da Capela
do Santo Cristo
Foto de Pepe Trebolle,
2. 5-08

27 abr 2008


Homenaxe ó poeta Manuel Curros Enríquez
na Coruña, diante do monumento de Asorey
e no centenario da súa morte.
Participaban no acto, presentes na foto (12 marzo 2008), Xosé R. Barreiro Fernández, presidente da RAG; Manuel González, secretario da RAG; Antonio Mouriño, alcalde de Celanova, e Rogelio Martínez, presidente da Deputación de Ourense.

15 abr 2008


festa República 14-4-08, curiosa imaxe da Catedral e Praza de San Martiño
(foto Monxardín, 5/10)

festa República 14-4-08, curiosa vista da Igrexa Sta. Eufemia
(foto Monxardín, 2/10)

12 abr 2008


Igrexa da Trinidade

A porta do antigo Hospital de San Roque, hoxe na Trinidade
(foto Fernando del Río)

Un detalle do interior do Liceo Recreo Ourensán, no pazo Oca-Valladares (s.XVI).
Foto de Mani Moretón.

Ourense dende os balcóns: a praza do Bispo Cesáreo, antes do traslado da estatua de
Concepción Arenal.
Foto achegada por David Simón.

7 abr 2008


Eduardo Blanco Amor, "encadeado"
Así nos deixaron, "encadeado" ou "no centro do mundo, ónfalos"
a don Eduardo Blanco Amor, en decembro de 2007
cando a homenaxe do Pen Clube Galego ó novelista ourensán
( a chapuza foi cousa dunha empresa de iluminación portuguesa: ver As Uvas na Solaina desas datas). Foto José Luís Troitiña.
A escultura, que colleu moi ben un dos acenos do Eduardo, está na praza do Bispo Cesáreo, detrás do Liceo, e é obra do escultor Xosé Cid.

5 abr 2008


O Santo Cristo da Capela do mesmo nome, na Catedral de Ourense
Protagonista tamén, dalgún xeito, da novela La Catedral y el niño, de E. Blanco Amor
(Foto Mani Moretón)

29 mar 2008

Inauguración do Monumento a Curros Enríquez na Coruña, obra de Asorey.
1934. Coa presenza de Alcalá Zamora, presidente da República; Manuel Lugrís Freire, presidente da RAG; José Estadella y Arnó; e Alfredo Suárez Ferrín, alcalde republicano da Coruña.

O Otero Pedrayo, de Buciños
Púxose primeiro na Alameda, na parte máis inferior, poucos anos despois da morte de don Ramón.
Despois trasladouse, creo que con acerto, á Praza do Correxedor, onde está a Auriense que el axudou a fundar en 1967 e onde impartiu unhas cantas conferencias (daquela a Auriense estaba na rúa Curros Enríquez)
Creo lembrar que hai unha viñeta simpática do Carrabouxo xogando coa cita de Castelao: aquilo de "abrazarte a ti é abrazar a Galicia". E así o deixou, creo que dicía o Carrabouxo (polos ocos interiores da estatua).


Buciños ó pé do seu Castelao,
na praza da Imprenta.

A leiteira, de Ramón Conde, na rúa do Paseo
A escultura máis popular e máis fotografada da cidade. Como xa dixen noutro lugar, non estaría mellor nas Burgas, onde acudían as leiteiras a lavar os seus cacharros?

Fauno, de Acisclo Manzano, 1995
situado no Parque do Barbaña

28 mar 2008


AS BURGAS NOS COMEZOS DO SÉCULO XX
a orixe da cidade e un espazo literario excepcional:
Lamas Carvajal (Os graxos da Burga), Blanco Amor, etc.

Non hai aínda moito que se foron de alí as leiteiras, pois alí acudían a diario a lavar os seus cacharros. Non estaría aquí mellor colocada A leiteira de Ramón Conde, hoxe no Paseo?

27 mar 2008


Nexus VI, escultura monumental
de Xosé Luís Carrera,
na entrada da ponte do milenio.

Inaugurada sendo alcalde M. Cabezas.
(Foto de Santiago Barreiros, quen,
amablemente, deu o seu permiso para reproducila)

Busto do poeta Manuel Curros Enríquez

en Celanova, obra do escultor Francisco Asorey e inaugurado en 1951, no centenario do seu nacemento

26 mar 2008

A Sibila Pérsica


A Sibila Pérsica, na capela do Santo Cristo da Catedral de Ourense.

(Foto José Paz, publicada na revista Auria, n.43, 2000)