Mostrando entradas con la etiqueta Blanco Amor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Blanco Amor. Mostrar todas las entradas

27 abr 2008


Roteiro A Esmorga, de E. Blanco Amor (creado polo Clube
Cultural Alexandre Bóveda)
Esta placa púxose na súa casa dos últimos anos no barrio de As Lagoas (fronte ó Instituto).
O debuxo é, como todos os deste roteiro, do artista Manuel Figueiras.

19 abr 2008


Eduardo Blanco Amor,
por Siro López.
Debuxo dos anos 70, con don Eduardo rodeado dos seus personaxes de A Esmorga: velaí o Milhomes, o Bocas, a Socorrito, etc.


(Catálogo I Bienal Caricatura Ourense, 1993)

7 abr 2008


"Xente ao lonxe",
de Eduardo Blanco Amor (1973).
A epopea dun tempo, dunha cidade (Auria), dun país...
O autor nunca lles perdonou ós membros do Xurado que non lle concedesen o premio de novela do Centro Galego de Buenos Aires.

Retrato de
Eduardo Blanco Amor
en Chile, 1952

Eduardo Blanco Amor, "encadeado"
Así nos deixaron, "encadeado" ou "no centro do mundo, ónfalos"
a don Eduardo Blanco Amor, en decembro de 2007
cando a homenaxe do Pen Clube Galego ó novelista ourensán
( a chapuza foi cousa dunha empresa de iluminación portuguesa: ver As Uvas na Solaina desas datas). Foto José Luís Troitiña.
A escultura, que colleu moi ben un dos acenos do Eduardo, está na praza do Bispo Cesáreo, detrás do Liceo, e é obra do escultor Xosé Cid.

5 abr 2008


O Santo Cristo da Capela do mesmo nome, na Catedral de Ourense
Protagonista tamén, dalgún xeito, da novela La Catedral y el niño, de E. Blanco Amor
(Foto Mani Moretón)

4 abr 2008

Eduardo Blanco Amor en Arxentina, 1932

3 abr 2008



Roteiro Blanco Amor
(Foto Pepe Trebolle)

Un dos azulexos artísticos, do creador ourensán Manuel Figueiras, que van marcando o Roteiro Blanco Amor. O labor cerámico das placas foi obra de Xesús Costa e Xoán Torres.

O Roteiro foi unha iniciativa do Clube Alexandre Bóveda nos anos 90. Para o caso editouse un folleto explicativo, co concurso do Concello ourensán e textos de Afonso Monxardín, M. Valcárcel e M. Forcadela. Benito Losada encargouse das exitosas xestións co Concello e César Ansias e José Luís Alonso da xestión de infraestructuras. O Clube foi o principal impulsor do Roteiro nos seus primeiros anos: hoxe fano unha chea de grupos (turistas, escolares, etc.) ó longo do ano. Tamén o Liceo nunha saída anual fixa, arredor do mes de decembro.

EBA. Diante dun xuíz ausente,
de Gonzalo Allegue (Nigra, 1993)

A mellor biografía, ficcionada, do inmortal mestre do Ourense Universo Literario. Tiven a honra de presentar este libro, co autor, no Liceo ourensán, o 21 de abril de 1993, nun acto organizado polo Clube Alexandre Bóveda.

Eduardo Blanco Amor
e Luís González Tosar (cando novo)

Fotopublicada en Faro de Ourense,

cunha entrevista de Xosé M.del Caño, 27-1-08

31 mar 2008



Blanco Amor cando viaxa a Galicia a visitar a súa nai (1933), que morrerá pouco despois

Vítor Freixanes ten comentado que esta foto, pola súa pose, representa a volta do americano tralo seu éxito na emigración: como unha constatación do seu triunfo en América. (Por outra parte, non hai retrato de Blanco Amor no que, dun xeito ou outro, o novelista non estea posando para a cámara).

29 mar 2008


Eduardo Blanco Amor nos ano 20
Autorretrato fotográfico

28 mar 2008


A esmorga,
de Eduardo Blanco Amor,

nunha das edicións de Galaxia
(portada de Luís Seoane)

26 mar 2008

Antón Tovar en Castro de Beiro


O poeta Antón Tovar en Castro de Beiro

(Foto de Eduardo Blanco Amor, nos anos 60. Consérvase na Biblioteca da Deputación de Ourense. Publicada por vez primeira en Eduardo Blanco Amor Fotógrafo, Ourense, Ed. Clube Cultural Alexandre Bóveda, 1993.