Mostrando entradas con la etiqueta Otero Pedrayo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Otero Pedrayo. Mostrar todas las entradas

3 may 2008


Escritores en Madrid, 1958, arredor de Otero e "Ben-Cho-Shey"
(foto BDPO)
De esquerda á dereita, Bautista Álvartez, Caamaño Bournacel, Otero Pedrayo, Reimundo Patiño, Bernardino Graña, Ben-Cho-Shey, Méndez Ferrín, (agachados) Alonso Montero, Camilo Gonsar e Xosé Fernández Ferreiro.

19 abr 2008


Ramón Otero Pedrayo,
por Siro López

I Bienal Caricatura de Ourense, 1993
Esta caricatura foi reproducida múltiples veces. Pero, se a memoria non me falla, Siro debeu publicala por primeira vez na sección "Con esta lupa" de Carlos Casares, en La Región, aló polo 1973-1974.

14 abr 2008

Otero Pedrayo con Afonso Monxardín e a súa dona Emilia,
en Lisboa, ano 1947.
Os que acompañan a don Ramón eran os avós de Afonso Vázquez-Monxardín, contertulio e amigo das Uvas, a quen agradezo especialmente esta fermosa imaxe, moi pouco coñecida ou inédita ata hoxe.

Foto: Banquete galeguista en Ourense a Emilia Docet, Miss España, 1933. Na imaxe están Vicente Risco (beira esquerda) e Otero Pedrayo, diante da bandeira; tamén Álvaro Cunqueiro, o poeta Manuel Luís Acuña, Ramiro Illa Couto, Leuter González Salgado (avó de X.L. Carrión), Afonso Vázquez Monxardín (avó de AVM), Fita ou Josefa Bustamante (muller de Otero), Manuel Peña Rei (presidente do PG en Ourense), E. Blanco Amor, Xosé Luís Ramos, Xosé Goyanes, etc. ). Aparecen todos os asistentes identificados no libro que Edicións Xerais lle dedicou a Manuel Luís Acuña.

12 abr 2008


Otero Pedrayo, o doutor Cabaleiro e, á esquerda, o administrador de Toén, sr. Cordero (anos 70 do século XX). Foto achegada por David Simón.

O psiquiatra, doutor Cabaleiro, nun acto da A.C. Auriense, con Otero Pedrayo, Ferro Couselo e Carlos Guitián. Foto achegada por David Simón (anos 70).

9 abr 2008

Magnífica imaxe de don Xoaquín Lorenzo no Colexio Concepción Arenal,
con Otero Pedrayo e Ángel Martínez Doval, director do colexio daquela.
(Foto achegada por Afonso V. Monxardín)

7 abr 2008


O VOLTER (2)

Os artistiñas (Xaime Quessada, De Dios, Virxilio, etc.) con Otero Pedrayo en Santander.

4 abr 2008


Virxilio en Trasalba

Setembro 2007. Clausura exposición de Virxilio no Pazo de Trasalba. Interviron un grupo de poetas (ver outras fotos) e Ramón Villares e Víctor Freixanes. A sombra de don Ramón dende o retrato do fondo.
Foto cedida por Malós Cabrera.

1 abr 2008


Blanco Torres pídelle cen pesetas a don Ramón
Carta difundida por X. Alonso Montero, en La Voz de Galicia, 11-5-1999.

A Peroxa, 21 de agosto de 1934
Sr. D. Ramón Otero Pedrayo

Querido Ramón: Non vexo, n-esta apretura en que me encontro (eu nesta clas de asuntos vexo pouco) ningunha persoa máis que ti da miña complacencia a quen dirixirme. A miña colaboración de Cuba anda mal, e necesito cen pesetas mentras non se poña millor. Seranche devoltas asomade pase este sarandón.

Unha aperta forte do teu bo amigo
R. Blanco Torres


Otero Pedrayo, Domingo García Sabell e Fernández del Riego

na homenaxe que lle tributaron a don Ramón

no Centro Galego de Buenos Aires, en 1959

(Fonte: Teoría de Galicia, de Otero Pedrayo, Ed. Alvarellos, 2007)

31 mar 2008


A sociabilidade do galeguismo da posguerra
Non teño localizado o ano e lugar exacto desta foto: se alguén ten eses datos, agradeceríase a información. Neste grupo de galeguistas de posguerra están varios ourensáns: por exemplo, Otero Pedrayo e a súa dona Fita; e Xesús Ferro Couselo e Leuter González Salgado (parte esquerda, un tras do outro).

Fundación da Editorial Galaxia en Vigo, 1950
As achegas da Ourensanía ó rexurdir cultural da Fronte Galaxia son indiscutibles: na foto recoñecemos a Otero Pedrayo (presidente de Galaxia), Xesús Ferro Couselo, Manuel Luís Acuña, entre outros ourensáns.

Outro retrato de Otero Pedrayo (anos 40?)

30 mar 2008




Debuxo moi ourensán do debuxante e caricaturista Siro López
para a portada do libro (1998) que figura ó seu carón

Xogos Florais no Teatro Losada, nos anos 60, con Otero Pedrayo como mantedor
A foto é de Reza e achegouna para o libro Benito Losada. Vintecinco anos de labor cultural en Ourense.

29 mar 2008


Otero Pedrayo, arredor dos anos 20
(Foto Pacheco, Fundación Penzol)

28 mar 2008


Ben-Cho-Shey con Xosé Fernández Ferreiro e Gala Murguía (a filla de Rosalía). Foto de 1958 (detrás, dona Fita, a muller de Otero).