Mostrando entradas con la etiqueta Medicina. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Medicina. Mostrar todas las entradas

24 abr 2008


Cruz Vermella
Foto achegada por X.L. Carrión; (c) Leuter G. Salgado.

Xunto con membros da Cruz Vermella aparecen, no centro, Andrés Perille (presidente da entidade entre 1933-35) e Leuter González Salgado. concelleiro de Ourense. Segundo indica a publicación da Cruz Vermella: "...no ano 1933 o Concello de Ourense implícase no Dispensario da Cruz Vermella pois, o 30 de setembro de 1933 asinará un acordo no que subvencionará con 8.000 pesetas o Cuarto de Socorro...".

Cruz Vermella.
Foto achegada por X.L. Carrión; (c) Leuter G. Salgado.

Ano 1934. Damas postulantes ourensás. Están localizadas/os: Adiante: ? - ? - ? - Lucita Rego - ? - ? - Peña Rey (dona do xinecólogo Echegóyen, irmá de Manuel) - Conchita Maceda (dona de Rodríguez Portugal). Detrás: Leuter G. Salgado, presidente provincial da Cruz Vermella - Arturo Reigosa (practicante) -Manuel Suárez Castro - ?.

Cruz Vermella
Foto achegada por Xosé Lois Carrión; (c) Leuter Gzez. Salgado.

Os practicantes da Cruz Vermella Arturo Reigosa e Aurelio, xunto con nenos e nenas merendando cuncas de chocolate, na sede da entidade -baixos da Deputación, rúa Fonte do Rei-. Foto Villar, 1931. Esta foto, xunto a outras vinculadas a Leuter González Salgado, foron cedidas para figuraren na publicación "Imaxes da Cruz Vermella", editada pola Deputación en 1996 por mor da inauguración da nova sede provincial, na rúa Díaz de la Banda (ao entrar na ponte nova, dirección estación de ferrocarril, á dereita).

19 abr 2008



Xavier Casares
en caricatura de Omar Pérez

Tamén un dos responsables da Fundación Carlos Casares, que colabora a cotío co Liceo Ourensán na vida cultural da cidade

III Bienal da Caricatura Ourense, 1995

12 abr 2008


Otero Pedrayo, o doutor Cabaleiro e, á esquerda, o administrador de Toén, sr. Cordero (anos 70 do século XX). Foto achegada por David Simón.

O psiquiatra, doutor Cabaleiro, nun acto da A.C. Auriense, con Otero Pedrayo, Ferro Couselo e Carlos Guitián. Foto achegada por David Simón (anos 70).
Toén, 1976. Fraga nun acto público co doutor Cabaleiro (xa deteriorado fisicamente) e David Ferrer Garrido. Foto achegada por David Simón.

5 abr 2008


O doutor Gallego, tan querido por todos os ourensáns,
que nos tratou a tantas xeracións dende bebés.

A foto publicouse en La Región cando a súa morte (2007).
Véxase tamén post en As Uvas na Solaina, 9.5.2007.
Home sabio, discreto e modesto, hai moi poucas fotos publicadas súas, porque sempre fuxiu de homenaxes e recoñecementos. Este, no que lle dedicaron unha rúa (pero non na cidade), é un dos poucos que aceptou.