Mostrando entradas con la etiqueta Faíscas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Faíscas. Mostrar todas las entradas

3 may 2008


Recital poético no Liceo de Ourense, na sala de tertulias, mediados dos 90
Organizado polo Clube Cultural Alexandre Bóveda, nun Encontro de Escritores Ourensáns.
En primeira fila, Bieito Iglesias, Cristina Berg, Carlos Casares, M.V. e Xoán Fonseca.
Recitaban Manuel Guede Oliva, Chus Pato e Manuel Outeiriño (ver As Uvas na Solaina, maio 2008)
Neste mesmo local, ó fondo, facía Casares tertulia no Liceo cando viña á súa cidade natal. Hoxe hai alí, na parede do fondo, unha placa que lembra esa presenza.

4 abr 2008


Acto nos 25 anos da Casa da Xuventude de Ourense, este celebrado na Auriense, no 2000.

Falaban Bieito Alonso, historiador (Club Xuvenil O Guieiro) e Alfredo Suárez Canal, na primeira foto, con Héitor Real. Entre o público, Alex S. Vidal, Montse, Paradelo, Carballo, M. Valcárcel, etc.

Acto da clausura da mostra de Virxilio en Trasalba, setembro 2007

Na foto están, coa artista Virxilio, os membros do grupo de jazz Abe Rábade, Víctor Freixanes, Ramón Villares e os poetas Manuel Vilanova, Chus Pato, Víctor Campio e María do Cebreiro, que recitaron os seus textos. Presentounos Marcos Valcárcel e na foto están tamén Luís Cochón e a profesora de Historia Susana Reboredo (F. Trasalba). Foto Malós Cabrera.
(Para máis datos As Uvas na Solaina desa data).

3 abr 2008



Roteiro Blanco Amor
(Foto Pepe Trebolle)

Un dos azulexos artísticos, do creador ourensán Manuel Figueiras, que van marcando o Roteiro Blanco Amor. O labor cerámico das placas foi obra de Xesús Costa e Xoán Torres.

O Roteiro foi unha iniciativa do Clube Alexandre Bóveda nos anos 90. Para o caso editouse un folleto explicativo, co concurso do Concello ourensán e textos de Afonso Monxardín, M. Valcárcel e M. Forcadela. Benito Losada encargouse das exitosas xestións co Concello e César Ansias e José Luís Alonso da xestión de infraestructuras. O Clube foi o principal impulsor do Roteiro nos seus primeiros anos: hoxe fano unha chea de grupos (turistas, escolares, etc.) ó longo do ano. Tamén o Liceo nunha saída anual fixa, arredor do mes de decembro.

EBA. Diante dun xuíz ausente,
de Gonzalo Allegue (Nigra, 1993)

A mellor biografía, ficcionada, do inmortal mestre do Ourense Universo Literario. Tiven a honra de presentar este libro, co autor, no Liceo ourensán, o 21 de abril de 1993, nun acto organizado polo Clube Alexandre Bóveda.

Unha convocatoria
do Premio Casa dos Poetas, xantar na Horta da Palabra, 2004.
De esquerda á dereita: Luís González Tosar, X.L. Méndez Ferrín, M. Valcárcel, Sexismundo Bobillo e, ó fondo, a dona de Pedro Blanco (daquela xerente da Fundación Carlos Casares).

1 abr 2008


Unha achega ós nenos
da vida e obra do noso antropólogo
don Xoaquín Lorenzo

(Xerais, 2004. O deseño da cuberta é de Miguel Vigo)

30 mar 2008




Debuxo moi ourensán do debuxante e caricaturista Siro López
para a portada do libro (1998) que figura ó seu carón

28 mar 2008



Homenaxe a Pura Vázquez. Acto no Concello de Ourense. Organizada pola AELG.

Na foto: M.Valcárcel, Luz Pozo Garza, Pura Vázquez e o concelleiro de cultura naquel momento, Pepe Araújo (foto Isabel Bugalllo).


Na Casa dos Poetas de Celanova, 2006
Entrega do premio Casa dos P. ó pintor Virxilio

Na foto, de esquerda a dereita: M. Valcárcel, Xoán Fonseca, Luís Cochón, Lazcano, Xosé Luís Méndez Ferrín e Virxilio.

27 mar 2008

Anxo Angueira no Liceo de Ourense, tras presentar o seu último poemario (2008), acompañado de Marcos Valcárcel e Delfín Caseiro
(Crónica do acto en As Uvas na Solaina)
Cartel do artista ourensán
Fiz Valcárcel
para un festival do Movemento
Popular da Canción Galega,
1975, en Compostela

26 mar 2008

Homenaxe a Carlos Casares


Homenaxe a Carlos Casares, 20 maio 1994, no restaurante San Miguel de Ourense, organizada polo Clube Cultural Alexandre Bóveda.
(Foto Eduardo Núñez. De esquerda a dereita: Marcos Valcárcel, Benito Losada, Carlos Casares, J. A. Outeiriño e Afonso Vázquez-Monxardín.