Mostrando entradas con la etiqueta Libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Libros. Mostrar todas las entradas

3 may 2008


Bibliografía sobre a historia de Ourense
O libro de dona Olga Gallego

Ver As Uvas na Solaina 30-4-08

26 abr 2008


O poeta Manuel Luís Acuña,
unha das grandes voces das vangardas galegas nos anos 30. Foi ademais mestre de primeiro ensino.

Portada do libro de Homenaxe realizado por Ed. Xerais, 2000, ó coidado literario de Ramón Nicolás e plástico de Antón Pulido.

12 abr 2008


O Catecismo do Labrego,
de Valentín Lamas Carvajal
(aqui na súa primeira edición no xornal O Tío Marcos d´a Portela)

Unha das obras clave, neste caso en prosa,
do Rexurdimento galego.
Que anuncia o movemento agrarista
que nacerá poucas décadas despois.
Un clásico tamén da literatura anticaciquil
na península.

7 abr 2008


"Xente ao lonxe",
de Eduardo Blanco Amor (1973).
A epopea dun tempo, dunha cidade (Auria), dun país...
O autor nunca lles perdonou ós membros do Xurado que non lle concedesen o premio de novela do Centro Galego de Buenos Aires.

5 abr 2008


Confíteor,
poemario de X. C. Gómez Alfaro
Colección Hipocampo Amigo, Poio, 2005.
O deseño da portada é de Olga Andrino de Diego.

3 abr 2008


EBA. Diante dun xuíz ausente,
de Gonzalo Allegue (Nigra, 1993)

A mellor biografía, ficcionada, do inmortal mestre do Ourense Universo Literario. Tiven a honra de presentar este libro, co autor, no Liceo ourensán, o 21 de abril de 1993, nun acto organizado polo Clube Alexandre Bóveda.

Carlos Casares foi o autor do primeiro estudo
e biografía-conversa con Ramón Piñeiro,
no volume Ramón Piñeiro. Unha vida por Galicia (Fundación Caixa Galicia, 1991).
Poucos meses antes de morrer RP., veu un día con Casares a Ourense. Vinos pasear polo Xardín do Posío, ó lonxe. Aquel día non me atrevín a lles falar nin a achegarme a eles.

O escritor ourensán Bieito Iglesias
foi dos catro ensaístas deste libro polémico,
chamado a renovar as teses dominantes no nacionalismo:
Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1991, Sotelo Blanco)

Arraianos (1991), Xerais,
unha das grandes entregas narrativas
de Xosé Luís Méndez Ferrín

Vísperas de Claudia, 1988 (Xerais),
unha novela de Manuel Guede Oliva,
sobre a guerra civil en terras aurienses.
(Nos días iniciais da guerra botaban nos cines ourensás, ou pouco antes, ó clásico King Kong).
A capa do libro, tan chamativa,
é de Xosé Díaz. RE-VISIÓN.

2 abr 2008


Arnoia, Arnoia,
de Xosé Luís Méndez Ferrín

Os mortos daquel verán (1987),
de Carlos Casares,
unha das primeiras novelas sobre a guerra civil
publicadas na Galicia interior
(outras apareceran antes no exilio).

Un dos grandes poemarios
de Luís González Tosar,
impulsor do concepto da Ourensanía
A caneiro cheo (1986)
Alfredo Conde
gañou o Premio Blanco Amor 1984
con esta novela, traducida a varios idiomas.

ILUSTRÍSIMA,
unha das novelas máis populares de Carlos Casares (1980)

1 abr 2008


Un dos últimos estudos
de Xesús Alonso Montero,
que xenerou certa polémica,
Os escritores galegos ante a guerra civil española (Galaxia)

31 mar 2008


A morte de Frank González, de Xosé Fernández Ferreiro (1975)
Aposta moi temperá pola novela de xénero nas nosas letras, cun western galego.
Portada ilustrada por Seoane en Ediciós do Castro.

Informe dramático sobre la lengua gallega, 1973
de Xesús Alonso Montero

Un dos libros máis polémicos das nosas letras recentes.
Algunhas das súas conclusións tamén se poderían ler,
por desgraza, en presente.

Unha excelente escolma de poemas galegos
(sobre todo para aquel tempo)
preparada por Xesús Alonso Montero
(Ed. Celta, Lugo, 1970). A portada é de Díaz Pardo.

30 mar 2008


Portada da biografía de Florencio Delgado Gurriarán, o poeta do viño,
realizada por Ricardo Gurriarán (Ed. do Castro),
que contén moitos dos poemas satíricos de FDG contra Franco dende o seu exilio mexicano.
Na Segunda República, FDG militou no PG valdeorrés e colaborou no xornal dos galeguistas ourensáns Heraldo de Galicia.