Mostrando entradas con la etiqueta Clube Cultural Alexandre Bóveda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Clube Cultural Alexandre Bóveda. Mostrar todas las entradas

3 may 2008


Recital poético no Liceo de Ourense, na sala de tertulias, mediados dos 90
Organizado polo Clube Cultural Alexandre Bóveda, nun Encontro de Escritores Ourensáns.
En primeira fila, Bieito Iglesias, Cristina Berg, Carlos Casares, M.V. e Xoán Fonseca.
Recitaban Manuel Guede Oliva, Chus Pato e Manuel Outeiriño (ver As Uvas na Solaina, maio 2008)
Neste mesmo local, ó fondo, facía Casares tertulia no Liceo cando viña á súa cidade natal. Hoxe hai alí, na parede do fondo, unha placa que lembra esa presenza.

3 abr 2008



Roteiro Blanco Amor
(Foto Pepe Trebolle)

Un dos azulexos artísticos, do creador ourensán Manuel Figueiras, que van marcando o Roteiro Blanco Amor. O labor cerámico das placas foi obra de Xesús Costa e Xoán Torres.

O Roteiro foi unha iniciativa do Clube Alexandre Bóveda nos anos 90. Para o caso editouse un folleto explicativo, co concurso do Concello ourensán e textos de Afonso Monxardín, M. Valcárcel e M. Forcadela. Benito Losada encargouse das exitosas xestións co Concello e César Ansias e José Luís Alonso da xestión de infraestructuras. O Clube foi o principal impulsor do Roteiro nos seus primeiros anos: hoxe fano unha chea de grupos (turistas, escolares, etc.) ó longo do ano. Tamén o Liceo nunha saída anual fixa, arredor do mes de decembro.

EBA. Diante dun xuíz ausente,
de Gonzalo Allegue (Nigra, 1993)

A mellor biografía, ficcionada, do inmortal mestre do Ourense Universo Literario. Tiven a honra de presentar este libro, co autor, no Liceo ourensán, o 21 de abril de 1993, nun acto organizado polo Clube Alexandre Bóveda.

30 mar 2008


Debuxo do artista ourensán
Manolo Figueiras,
incluído no libro de homenaxe a
Benito Losada
(ver etiquetas: Clube A.Bóveda)

Manolo Figueiras formou parte tamén, durante varios anos, da xunta directiva do Clube Alexandre Bóveda.

29 mar 2008

Benito Losada
(Caricatura de Siro López)

Benito López Losada, director da Casa da Xuventude de Ourense dende 1975.

Lugo, Ourense, Grandas de Salime.

Benito, Lourdes, Anxo.

Outono Fotográfico. Xornadas de Banda Deseñada. Maio Xove. Clube Cultural Alexandre Bóveda. Bienal da Caricatura. Concurso de Contos da Mocidade, etc. etc. etc. Unha peza fundamental da arquitectura cultural de Ourense (e Galicia) nos últimos 30 anos.

A caricatura de Siro publicouse en "La Voz de Galicia" e tamén no volume homenaxe que lle fixemos os amigos, Benito Losada. Vintecinco anos de labor cultural en Ourense (Concello Ourense, 2001). Este libro é tamén unha boa antoloxía do humor gráfico galego e portugués: Siro, Xosé Lois, Pepe Carreiro, Omar Pérez, H. Torreiro, Pinto Chinto, Fernando Quesada, Carlos Quesada, Suso Sanmartín, Onofre Varela, etc.

28 mar 2008


Directiva do Clube Cultural Alexandre Bóveda en 1999
no Claustro de San Francisco
e cos traxes e instrumentos da Banda de Música de Ourense (prestados, claro). Cada ano sacabamos unha foto simpática e no 99 tocou esta.
César Ansias, Xoán Fonseca, M. Valcárcel, Benito Losada, Afonso Vázquez-Monxardín, Elisa López, Pepe Trebolle, Asun, Xosé A. García, José Luís Alonso.

26 mar 2008


Basilio Álvarez nunha caricatura de E. Padín, anos 20.

Sacada dunha revista, fondos Vilanova da BDPO (localización: M. Valcárcel). Utilizouse como cartel e programa nunha homenaxe a Basilio Álvarez do Clube C. Alexandre Bóveda.

Homenaxe a Carlos Casares


Homenaxe a Carlos Casares, 20 maio 1994, no restaurante San Miguel de Ourense, organizada polo Clube Cultural Alexandre Bóveda.
(Foto Eduardo Núñez. De esquerda a dereita: Marcos Valcárcel, Benito Losada, Carlos Casares, J. A. Outeiriño e Afonso Vázquez-Monxardín.

Antón Tovar en Castro de Beiro


O poeta Antón Tovar en Castro de Beiro

(Foto de Eduardo Blanco Amor, nos anos 60. Consérvase na Biblioteca da Deputación de Ourense. Publicada por vez primeira en Eduardo Blanco Amor Fotógrafo, Ourense, Ed. Clube Cultural Alexandre Bóveda, 1993.