Mostrando entradas con la etiqueta Xentes Populares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xentes Populares. Mostrar todas las entradas

24 abr 2008


Foto do Tucho, o dono do "Volter".
Publicada en Faro de Vigo,
"Domingo", 4.9.1988.
Recollida dende o blog de Ana Bande.

Interior do bar Tucho. Foto M.A.R. Yánez, tomada de prestado do blog de Ana Bande.

O Tucho no interior do "Volter". Foto Miguel Ángel R. Yánez, "Picho", prestada dende o blog de Ana Bande.

13 abr 2008


Carné de militante das JSU de Antonio Taboada Nóvoa, un dos varios centos de vítimas inocentes na guerra civil en Ourense. Foto achegada por Xosé Lois Carrión, a quen lla cedeu en persoa unha filla do socialista fusilado no Campo de Aragón (As Uvas na S. 13-4.08)

12 abr 2008


Os limpabotas na Praza Maior
Unha imaxe tradicional case todo o século XX, hoxe xa desaparecida.

Andrés, xeito de músico popular, coa súa batería na rúa (1990). Foto achegada por Xoán da Coba.

9 abr 2008


O Tucho do Volter

Sen a xenerosidade do Tucho,
non habería tampouco o Volter
dos artistiñas.

5 abr 2008


José Bóveda, militante da CNT nos anos republicanos, na comarca do Ribeiro
Foi homenaxeado hai uns anos pola Asociación de Amigos da República, no 14 de abril. Morreu recentemente, feito do que demos conta nas Uvas (2007).

O doutor Gallego, tan querido por todos os ourensáns,
que nos tratou a tantas xeracións dende bebés.

A foto publicouse en La Región cando a súa morte (2007).
Véxase tamén post en As Uvas na Solaina, 9.5.2007.
Home sabio, discreto e modesto, hai moi poucas fotos publicadas súas, porque sempre fuxiu de homenaxes e recoñecementos. Este, no que lle dedicaron unha rúa (pero non na cidade), é un dos poucos que aceptou.

A charanga do Cuco de Velle

O Cepo na rúa dos viños,
diante da casa onde hoxe está a taberna Lizarrán (había daquela
unha tenda e panadería), 1977.
Foto do arquivo Carlos Vello,
recollida na web

O Cepo na rúa dos viños de Ourense, 1977.
Foto do arquivo do pintor Carlos Vello.

Recollida da web de Moncho Conde Corbal

26 mar 2008

Don Xoán da Cova


Don Xoán da Cova, o curioso escritor que fascinou, entre outros, a Carlos Casares, Gonzalo Torrente Ballester e José Ángel Valente

(vaia en homenaxe ó don XDC que se pasea por As Uvas na Solaina).

Autobús dos Mixtos

Autobús dos mixtos da empresa Los Americanos, no mercado de Allariz, 1948. (Procedencia: colección particular, reproducida na revista Auria, n. 67, 2002)