Mostrando entradas con la etiqueta Escritores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escritores. Mostrar todas las entradas

3 may 2008


Recital poético no Liceo de Ourense, na sala de tertulias, mediados dos 90
Organizado polo Clube Cultural Alexandre Bóveda, nun Encontro de Escritores Ourensáns.
En primeira fila, Bieito Iglesias, Cristina Berg, Carlos Casares, M.V. e Xoán Fonseca.
Recitaban Manuel Guede Oliva, Chus Pato e Manuel Outeiriño (ver As Uvas na Solaina, maio 2008)
Neste mesmo local, ó fondo, facía Casares tertulia no Liceo cando viña á súa cidade natal. Hoxe hai alí, na parede do fondo, unha placa que lembra esa presenza.

14 abr 2008


Segundo retrato do poeta Manuel Gómez del Valle, vítima inocente da guerra civil

Achegado tamén pola súa sobriña María Paz Gómez del Valle

Retrato do poeta comunista e fusilado Manuel Gómez del Valle
Achegado pola súa sobriña María Paz Gómez del Valle, filla do escritor don Ernesto Gómez del Valle. Graciñas polo envío.
(Obsérvese a semellanza desta imaxe co debuxo que lle fixo M. Prego de Oliver, xa incluído na Ourensanía).

Foto: Banquete galeguista en Ourense a Emilia Docet, Miss España, 1933. Na imaxe están Vicente Risco (beira esquerda) e Otero Pedrayo, diante da bandeira; tamén Álvaro Cunqueiro, o poeta Manuel Luís Acuña, Ramiro Illa Couto, Leuter González Salgado (avó de X.L. Carrión), Afonso Vázquez Monxardín (avó de AVM), Fita ou Josefa Bustamante (muller de Otero), Manuel Peña Rei (presidente do PG en Ourense), E. Blanco Amor, Xosé Luís Ramos, Xosé Goyanes, etc. ). Aparecen todos os asistentes identificados no libro que Edicións Xerais lle dedicou a Manuel Luís Acuña.

12 abr 2008


O Catecismo do Labrego,
de Valentín Lamas Carvajal
(aqui na súa primeira edición no xornal O Tío Marcos d´a Portela)

Unha das obras clave, neste caso en prosa,
do Rexurdimento galego.
Que anuncia o movemento agrarista
que nacerá poucas décadas despois.
Un clásico tamén da literatura anticaciquil
na península.

Vicente Risco e Florentino Cuevillas
nunha visita a San Cibrán de Las
(anos 40-50).

Ánxeles Cuña, directora do grupo de teatro Sarabela.
(Foto Eanes, da revista O Sil ) .

O escritor e xornalista Camilo Franco e o músico Magín Blanco nun concerto-recital literario na Casa da Xuventude (11 abril 2008). Foto Pili Prol (de La Voz de Galicia).

9 abr 2008

Retrato de don Xoaquín Lorenzo
nunha reseña de prensa
polo artista Conde Corbal
Xoaquín Lorenzo na Homenaxe a Vicente Risco, no cemiterio de Allariz, 1981
(Foto achegada por Afonso V. Monxardín)
Magnífica imaxe de don Xoaquín Lorenzo no Colexio Concepción Arenal,
con Otero Pedrayo e Ángel Martínez Doval, director do colexio daquela.
(Foto achegada por Afonso V. Monxardín)

Don Xoaquín Lorenzo
con Fermín Bouza Brey e outros na xeira do SEG polas Terras do Deza
(Foto cedida por Afonso V. Monxardín, responsable da súa Fotobiografía)

7 abr 2008


"Xente ao lonxe",
de Eduardo Blanco Amor (1973).
A epopea dun tempo, dunha cidade (Auria), dun país...
O autor nunca lles perdonou ós membros do Xurado que non lle concedesen o premio de novela do Centro Galego de Buenos Aires.

Retrato de
Eduardo Blanco Amor
en Chile, 1952

Carlos Casares (con Cristina) e Alfredo Conde nun xantar da Festa de Trasalba, en 1982. Foto achegada por Afonso V. Monxardín (falamos dela nas UVAS 29-12-07). O que está de pé coas maracas é un dos compoñentes da charanga do Cuco de Velle.

Carlos Casares en Ourense, na Alameda,
na festa do Magosto de 1972, cando pronunciou o pregón oficial.
Con el na foto a súa moza (daquela) Critina Berg e o concelleiro Manuel Rego Nieto. Outros personaxes da imaxe están identificados en As Uvas 27-12-07.

5 abr 2008


Confíteor,
poemario de X. C. Gómez Alfaro
Colección Hipocampo Amigo, Poio, 2005.
O deseño da portada é de Olga Andrino de Diego.

4 abr 2008



Sebastián Martínez-Risco

Ver As Uvas na Solaina 4 abril 2008


Acto nos 25 anos da Casa da Xuventude de Ourense, este celebrado na Auriense, no 2000.

Falaban Bieito Alonso, historiador (Club Xuvenil O Guieiro) e Alfredo Suárez Canal, na primeira foto, con Héitor Real. Entre o público, Alex S. Vidal, Montse, Paradelo, Carballo, M. Valcárcel, etc.
Eduardo Blanco Amor en Arxentina, 1932