24 abr 2008


Leuter González Salgado nos seu derradeiros anos (c)
Foto achegada por X. L. Carrión.

A autora da foto é Cristina Nuevo, dona -hoxe viúva- de Cesáreo Saco, vello mestre galeguista de Monforte de Lemos, aínda que tras a Guerra Civil negouse a asinar o obrigatorio documento de adhesión ao réxime franquista esixido para convalidar o título de mestre obtido na República. Antes que aceptar, estudou Dereito e viviu da Avogacía. Foi un dos fundadores -o 23 de agosto de 1963- do Partido Socialista Galego (PSG), organización pola que foi concelleiro dentro de Unidade Galega (formada polo PSG, PGSD -Partido Galego Social Demócrata- e POG -Partido Obreiro Galego-). Deixou a militancia coa desaparición do PSG, a comezos dos anos 80. A foto, aínda que tirada en novembro de 1963, recollía unha imaxe de Leuter Salgado moi similar á que tivo á fin da súa vida (29.03.1977). (XLC.)
Ver As Uvas na Solaina 22 abril 2008.

No hay comentarios: