31 mar 2008


A poeta ourensá Pura Vázquez
en Madrid (1955)
con Ramón Cabanillas e Fermín Penzol
(A foto orixinal consérvase na BDPO).

Revista Posío, Ourense, 1945
Véxase tamén a súa segunda etapa (1951)


A morte de Frank González, de Xosé Fernández Ferreiro (1975)
Aposta moi temperá pola novela de xénero nas nosas letras, cun western galego.
Portada ilustrada por Seoane en Ediciós do Castro.


Retorno a Tagen Ata,
de Xosé Luís Méndez Ferrín
na colección O Moucho, 1971.

Por moitos motivos un dos libros fundamentais
da biografía ferriniana.

Informe dramático sobre la lengua gallega, 1973
de Xesús Alonso Montero

Un dos libros máis polémicos das nosas letras recentes.
Algunhas das súas conclusións tamén se poderían ler,
por desgraza, en presente.

Unha excelente escolma de poemas galegos
(sobre todo para aquel tempo)
preparada por Xesús Alonso Montero
(Ed. Celta, Lugo, 1970). A portada é de Díaz Pardo.

A sociabilidade do galeguismo da posguerra
Non teño localizado o ano e lugar exacto desta foto: se alguén ten eses datos, agradeceríase a información. Neste grupo de galeguistas de posguerra están varios ourensáns: por exemplo, Otero Pedrayo e a súa dona Fita; e Xesús Ferro Couselo e Leuter González Salgado (parte esquerda, un tras do outro).

Fundación da Editorial Galaxia en Vigo, 1950
As achegas da Ourensanía ó rexurdir cultural da Fronte Galaxia son indiscutibles: na foto recoñecemos a Otero Pedrayo (presidente de Galaxia), Xesús Ferro Couselo, Manuel Luís Acuña, entre outros ourensáns.


Blanco Amor cando viaxa a Galicia a visitar a súa nai (1933), que morrerá pouco despois

Vítor Freixanes ten comentado que esta foto, pola súa pose, representa a volta do americano tralo seu éxito na emigración: como unha constatación do seu triunfo en América. (Por outra parte, non hai retrato de Blanco Amor no que, dun xeito ou outro, o novelista non estea posando para a cámara).


Outro retrato de Otero Pedrayo (anos 40?)

Jam-session e butacas do Cine Losada
Algunhas butacas do antigo Cine Losada foron parar ó actual Café Jam-Session, como nos lembraba Xoán da Coba nas Uvas (31-3-08). A foto é do amigo Pepe Trebolle.

Jam-session e butacas do Cine Losada
Algunhas butacas do antigo Cine Losada foron parar ó actual Café Jam-Session, como nos lembraba Xoán da Coba nas Uvas (31-3-08). A foto é do amigo Pepe Trebolle.

30 mar 2008


Castelao e Rodolfo Prada, un ourensán vital no galeguismo bonaerense (1947)

Celso Emilio Ferreiro
Autorretrato de 1938
(Fonte: Fotobiografía de CEF, Xerais)

Portada da biografía de Florencio Delgado Gurriarán, o poeta do viño,
realizada por Ricardo Gurriarán (Ed. do Castro),
que contén moitos dos poemas satíricos de FDG contra Franco dende o seu exilio mexicano.
Na Segunda República, FDG militou no PG valdeorrés e colaborou no xornal dos galeguistas ourensáns Heraldo de Galicia.

Méndez Ferrín nun retrato
do seu amigo Xaime Quessada

(usado na portada do libro de conversas editado por Sotelo Blanco e preparado por Xosé M. Salgado e Xoán M. Casado)

Debuxo do artista ourensán
Manolo Figueiras,
incluído no libro de homenaxe a
Benito Losada
(ver etiquetas: Clube A.Bóveda)

Manolo Figueiras formou parte tamén, durante varios anos, da xunta directiva do Clube Alexandre Bóveda.



Debuxo moi ourensán do debuxante e caricaturista Siro López
para a portada do libro (1998) que figura ó seu carón

Xogos Florais no Teatro Losada, nos anos 60, con Otero Pedrayo como mantedor
A foto é de Reza e achegouna para o libro Benito Losada. Vintecinco anos de labor cultural en Ourense.

29 mar 2008

Roberto Blanco Torres
(Cuntis, 1881- Entrimo, 1936)
Poeta mártir da guerra civil. Dedicouselle o Día das Letras Galegas no ano 1999.

Subliñamos aquí a súa Ourensanía simbólica
por varios motivos: estivo desterrado en terras de A Peroxa, alí casou e morreu tamén, paseado, en terras de Entrimo. Foi, ademais, nun certo período dos anos 20, un dos principais responsables do xornal agrarista La Zarpa, fundado por Basilio Álvarez.
Publiquei varios artigos sobre a súa figura, p.ex.:
"A figura de RBT no xornalismo ourensán", en RBT. Vida e obra, Xerais 1999; e "RBT no xornalismo galego", en RBT. Xornadas de alerta e agonía, Xerais, 1999.

Vicente Risco
nunha caricatura
de Álvaro Cebreiro
Inauguración do Monumento a Curros Enríquez na Coruña, obra de Asorey.
1934. Coa presenza de Alcalá Zamora, presidente da República; Manuel Lugrís Freire, presidente da RAG; José Estadella y Arnó; e Alfredo Suárez Ferrín, alcalde republicano da Coruña.

Antón Losada Diéguez, outra das pezas claves de Nós,
pensador, articulista, narrador,
faleceu en 1929.
A Fundación Losada Diéguez (Boborás) está a preservar a súa memoria.

Eduardo Blanco Amor nos ano 20
Autorretrato fotográfico

Otero Pedrayo, arredor dos anos 20
(Foto Pacheco, Fundación Penzol)

Eladio Rodríguez González,
o gran poeta do Ribeiro,
intérprete da paisaxe e do panteísmo galego,
foi presidente da Real Academia Galega.
Dedicouselle o Día das Letras Galegas no ano 2001.
Entre outros moitos estudos, pode consultarse Eladio Rodríguez. Vida e obra, de Marcos Valcárcel, Ed. Xerais, 2001.

Vicente Risco
nunha caricatura de Xoaquín Lorenzo.

Xabier Prado "Lameiro",
veterinario, poeta e dramaturgo

Xavier Prado Rodríguez (Ourense, 1874- Santiago, 1942).
O Concello de Ourense publicou no ano 1995 a súa Obra completa, en galego, cunha biografía e estudo da súa poesía e producción teatral, realizados por Marcos Valcárcel e Begoña Muñoz.
En catro tomos: A carón do lume; Cóxegas e moxetes; Monifates; Farsadas.


Retrato do poeta Manuel Curros Enríquez

CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL. 1914: CURROS EN “PLATERO Y YO” (Marcos Valcárcel)


Foi neste ano, exactamente o día de Nadal e na “edición
menor” de La Lectura cando o poeta de Moguer publicou a primeira edición de Platero y yo. No capítulo dezasete deste libro “para nenos”, o titulado “El niño tonto”, hai unha alusión directa ao poeta galego Curros Enríquez: “Un día, cuando pasó por la calle blanca aquel mal viento negro, no vi ya al niño en su puerta. Cantaba un pájaro en el solitario umbral, y yo me acordé de Curros, padre más que poeta, que, cuando se quedó sin su niño, le preguntaba por él a la mariposa gallega: Volvoreta d’ aliñas douradas...”. Hoxe sabemos, por Alonso Montero, que Juan Ramón Jiménez coñecía desde novo o poema “¡Ai!” de Curros, citado nese texto, e que tamén fixo traduccións de Rosalía e de A Virxe de Cristal, poetas que lera no Ateneo de Sevilla e dos que gardaba na casa as primeiras edicións moitos anos despois (1958).
No mesmo ano de 1914 remataban de publicarse, cun tomo seis, as Obras Completas de Curros Enríquez. Pola súa banda, Eugenio López Aydillo publicaba en Madrid a súa escolma Las mejores poesías gallegas, a segunda antoloxía galega do século XX (posterior á de Carré Aldao), dividida en dúas partes, unha primeira sobre poesía trobadoresca e unha segunda sobre os poetas do seu tempo. Outro libro desas datas foi La aldea gallega, publicado en Cádiz, importante estudo sociolóxico de Nicolás Tenorio arredor do mundo tradicional galego.


Nido de áspides (1911),
do poeta e dramaturgo ourensán
Antonio Rey Soto
(Pazo de Ramiráns, Santa Cruz de Arrabaldo, 1879-Madrid, 1966)

1908. Enterro do poeta ourensán Manuel Curros Enríquez na cidade coruñesa (Foto RAG).

Nenos músicos,
de Antón Faílde

O Otero Pedrayo, de Buciños
Púxose primeiro na Alameda, na parte máis inferior, poucos anos despois da morte de don Ramón.
Despois trasladouse, creo que con acerto, á Praza do Correxedor, onde está a Auriense que el axudou a fundar en 1967 e onde impartiu unhas cantas conferencias (daquela a Auriense estaba na rúa Curros Enríquez)
Creo lembrar que hai unha viñeta simpática do Carrabouxo xogando coa cita de Castelao: aquilo de "abrazarte a ti é abrazar a Galicia". E así o deixou, creo que dicía o Carrabouxo (polos ocos interiores da estatua).


Serea, de Acisclo Manzano, 1995, no Parque do Barbaña

Buciños ó pé do seu Castelao,
na praza da Imprenta.

A leiteira, de Ramón Conde, na rúa do Paseo
A escultura máis popular e máis fotografada da cidade. Como xa dixen noutro lugar, non estaría mellor nas Burgas, onde acudían as leiteiras a lavar os seus cacharros?

Fauno, de Acisclo Manzano, 1995
situado no Parque do Barbaña



Estatua de O Carrabouxo, no Parque de San Lázaro sobre o popular personaxe creado por Xosé Lois González en La Región.

Unha estatua de dous metros vinte de altura, inaugurada no 2002, cando o personaxe cumpría 20 anos. A peza é do escultor César Lombera. Na iniciativa da mesma tivo abondo que ver Benito Losada.
Benito Losada
(Caricatura de Siro López)

Benito López Losada, director da Casa da Xuventude de Ourense dende 1975.

Lugo, Ourense, Grandas de Salime.

Benito, Lourdes, Anxo.

Outono Fotográfico. Xornadas de Banda Deseñada. Maio Xove. Clube Cultural Alexandre Bóveda. Bienal da Caricatura. Concurso de Contos da Mocidade, etc. etc. etc. Unha peza fundamental da arquitectura cultural de Ourense (e Galicia) nos últimos 30 anos.

A caricatura de Siro publicouse en "La Voz de Galicia" e tamén no volume homenaxe que lle fixemos os amigos, Benito Losada. Vintecinco anos de labor cultural en Ourense (Concello Ourense, 2001). Este libro é tamén unha boa antoloxía do humor gráfico galego e portugués: Siro, Xosé Lois, Pepe Carreiro, Omar Pérez, H. Torreiro, Pinto Chinto, Fernando Quesada, Carlos Quesada, Suso Sanmartín, Onofre Varela, etc.

28 mar 2008


Morrer en Castrelo de Miño,
novela de 1978
(aquí nunha edición de Xerais)
Unha das mellores novelas (digo eu)
de Xosé Fernández Ferreiro: a loita dos labegos de Castrelo de Miño contra FENOSA e o embalse, a melancolía dunha forma de vida que desaparece.

Día das Letras 1977
Por un ensino galego e popular
Cartel do artista ourensán, daquela do grupo da A.C. Auriense, Perfecto Estévez

Con pólvora e magnolias,
de Xosé Luís Méndez Ferrín


Na edición en castelán de Hiperión (1994),
con limiar de Antonio Gamoneda e
traducción de Eloísa Otero e Manolo Outeiriño.


Xoguetes pra un tempo prohibido (1975)
un libro fundamental na narrativa e na vida
de Carlos Casares

Crónica dunha xeración en Compostela.

A galiña azul (1968)
de Carlos Casares


Obra pioneira
na literatura infantil galega

Vento ferido, 1967
de Carlos Casares
Un libro aínda hoxe ben vivo. Primeira entrega narrativa do autor ourensán.

Xoaquín Lorenzo,
mestre na etnografía e na nosa cultura popular

Cantigas da UPG (1964),
de Celso Emilio Ferreiro.
(Ver As Uvas na Solaina: Cen Anos de Historia Cultural, 1964)

O grupo Brais Pinto, fundado en Madrid en 1958,
e axuntado de novo, para esta imaxe, nos anos 90
(A ourensanía estaría dalgún xeito representada en tres dos seus compoñentes: Méndez Ferrín, Fernández Ferreiro e Bautista Álvarez)