A sociabilidade do galeguismo da posguerra
Non teño localizado o ano e lugar exacto desta foto: se alguén ten eses datos, agradeceríase a información. Neste grupo de galeguistas de posguerra están varios ourensáns: por exemplo, Otero Pedrayo e a súa dona Fita; e Xesús Ferro Couselo e Leuter González Salgado (parte esquerda, un tras do outro).
5 comentarios:
O lugar penso que é a entrada do pazo "Do Campo"(Pazo de Gayón), que Don Ramón tiña o carón do que usaba para vivir en Trasalba, con ese dato se é certo, a fotografía ten que ser anterior o ano 1969, que foi a data no que se desfixo del, foi vendido a Don Jesús Gíl de la Serna.
Hola Anxelis. Como bo cidadán de Trasalba que son confírmoche que a foto fíxose no cruceiro que se encontra frente á entrada do Pazo de Gaión, hoxe desamparado. O que xa non che podo confirmar é a data da foto pero eu creo que si te pos en contacto coa Casa-Museo Otero Pedraio podranche botar unha man. Recibe un cordial saúdo
Sinto non ter vist este comentario con anterioridade, pero por se serve de algo, quero darlle as grazas a "ivanbergueira", por confirmar o dato, de todos os xeitos tamén por outra fonte confirmouse.
Por se lle interesa a alguen, na foto aparecen entre outros:
Sixto Seco, Garcia Sabel, Ogando, Del Riego, Ferro Couselo, Dona Fita, Don Ramón, Blazquez?, Leuter Salgado, Antonio Sánchez, Noriega Varela, e fáltame confirmar algún mais, pero o farei.
No post anterior dateina como anterior ao 1969, de momento xa a baixei ata o 1946, sen ir mais lonxe un do personaxes que aparece (novo) morreu no 65.
Perdón escribín o 1946, cando quería dicir 1957.
Tamén esta Carballo Calero, Ramón Piñeiro, Fole, agora dubido sobre se Noriega é ou non é.
Publicar un comentario