27 mar 2008


Obra do artista ourensán Xesús Vázquez

(hoxe de sona internacional)
Esta peza estivo nunha mostra da A.C. Auriense aló por 1974 (creo que aínda na rúa de Curros Enríquez) e creo que estivo tamén unha tempada na miña casa (non sei se hoxe estará en casa do meu irmán Fiz). Eran tempos de arte comprometida e na Auriense nacía o grupo Galrexo composto por artistas como Xesús Vázquez, Xosé Luís Vázquez, Perfeuto A. Estévez, Fiz Valcárcel e, máis ocasionalmente, Iñaqui Basallo ou Baldomero Moreiras, entre outros.

No hay comentarios: