3 may 2008


Escritores en Madrid, 1958, arredor de Otero e "Ben-Cho-Shey"
(foto BDPO)
De esquerda á dereita, Bautista Álvartez, Caamaño Bournacel, Otero Pedrayo, Reimundo Patiño, Bernardino Graña, Ben-Cho-Shey, Méndez Ferrín, (agachados) Alonso Montero, Camilo Gonsar e Xosé Fernández Ferreiro.

"Ben-Cho-Shey" soldado en Melilla, 1922
(Foto BDPO)

Xurado dos Maios en Ourense, anos 79 (1978-79?), na Alameda.
Presentes, de dereita á esquerda, José A. Outeiriño, Anxo de Celanova, "Ben-Cho-Shey", (?), o poeta Millán Picouto e, creo, Fernando González.

Selo dedicado ó Santo Cristo de Ourense
ver As Uvas na Solaina, 3 maio 2008

Recital poético no Liceo de Ourense, na sala de tertulias, mediados dos 90
Organizado polo Clube Cultural Alexandre Bóveda, nun Encontro de Escritores Ourensáns.
En primeira fila, Bieito Iglesias, Cristina Berg, Carlos Casares, M.V. e Xoán Fonseca.
Recitaban Manuel Guede Oliva, Chus Pato e Manuel Outeiriño (ver As Uvas na Solaina, maio 2008)
Neste mesmo local, ó fondo, facía Casares tertulia no Liceo cando viña á súa cidade natal. Hoxe hai alí, na parede do fondo, unha placa que lembra esa presenza.

Curros Enríquez

Exposición dedicada ó centenario da morte de Curros na Coruña
Organizada pola Fundación Curros. Foto Pepe Trebolle,
maio 2008.
En primeiro plano,
reproducción da Coroa de Curros que se conserva na RAG e é o símbolo da Fundación C.E.

Curros Enríquez

Exposición dedicada ó centenario da
morte de Curros na Coruña
Organizada pola Fundación Curros
Foto Pepe Trebolle, maio 2008

Interior da Capela
do Santo Cristo
Foto de Pepe Trebolle,
2. 5-08

Arlequín, de Xaime Quessada

Procedencia: web do Círculo das Artes
de Lugo

Millán Picouto

Premio mellor obra teatral AELG 2008
Ver As Uvas na Solaina maio 08
Foto La Voz de Galicia

Dona Olga Gallego
Ver As Uvas na Solaina 30.4.08
Foto do xornal Galicia Hoxe

Bibliografía sobre a historia de Ourense
O libro de dona Olga Gallego

Ver As Uvas na Solaina 30-4-08

Carta comercial de José Aguirre,
un dos máis destacados ferreteiros da cidade
nas primeiras décadas do século XX.
Imaxe achegada por Perfeuto A. Estévez.

Vista xeral de Ourense, nunha postal de mediados do século XX (?). Estaría tomada dende a actual Avda. de Portugal ou un pouco máis enriba (véxase a torre da Catedral en liña recta). Os que aínda non somos tan vellos lembramos ben os espazos do actual parque do Barbaño cheos de cultivos e vides. Foto achegada por Perfeuto A. Estévez.

BEN-CHO-SHEY
Retrato debuxado de Tudó, publicado en La Región, especial BCHS abril 1986.

Ver As Uvas na Solaina 3.5.08

1 may 2008


O Parque Miño, á beira do río. Sede dun bo grupo de esculturas de artistas ourensáns. F0to Israel Rodríguez Freire.

A antiga rúa de Alba, hoxe Cardenal Quiroga, no corazón do ensanche moderno de Auria.

A Praza Maior. Foto: Israel Rodríguez Freire.

Todo o misterio do Pai Miño, nunha foto de Israel Rodríguez Freire.

Nocturnas de Auria. Foto: Israel Rodríguez Freire.

Nocturnas de Auria. A Praza do Ferro garda todo o engado dun longo pasado, cunha fasquía case imperturbable (foto de Israel Rodríguez Freire).

Unha das fachadas da Catedral
(foto Israel Rodríguez Freire)

Visión nocturna do casco histórico,
no cruce entre C. Ceano (hoxe Sta. Eufemia) e Rúa das Tendas
(foto Israel Rodríguez Freire)




Unha visión nocturna da histórica Rúa da Paz, antes dos Zapateiros,
corazón da Xeración Nós.

(foto Israel Rodríguez Freire)

Ubícanse hoxe alí, entre outros, o Teatro Principal, Café Latino (facendo esquina), libraría Torga, Fina Rei, e as antigas vivendas de Vicente Risco, Otero Pedrayo e Xoaquín Lorenzo.


Nocturnas
(foto Israel Rodríguez Freire)
Actual rúa Santa Eufemia (ata hai uns meses C.Ceano),
núcleo hoxe de centros de sociabilidade como os Cafés Real, Latino e Miudiño.


Nocturnas.
A rúa do Paseo dende o fauno de Xaime Quessada.
Foto Israel Rodríguez Freire.

27 abr 2008


Do estío, 1997 (carbón e barras color), de Xosé Luís de Dios

Trashumantes, 1998 (carbón),
de Xosé Luís de Dios

Fuco Buxán, 1967,
de Xosé Luís de Dios

(inspirado no personaxe
de Celso Emilio Ferreiro)

Xosé Luís de Dios: "Do circo", 1985.

Comercio de venda de chocolates e outros produtos para golosos/as
"Fina Rei", na rúa da Paz ourensá
(Dela falamos nas Uvas, abril 2008)

Arturo Baltar, Vicente Risco e Antón Risco.
Foto da Fundación Risco.
Publicada en LVG 19.4.2008.

As termas da Chavasqueira (foto Pepe Trebolle)
Xosé Manuel Núñez Seixas, historiador ourensán.

Unha nota miña na serie Ourense, universo literario (2000):
Xosé Manuel Núñez Seixas (Ourense, 1966), profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade de Compostela. Foi investigador do Instituto Universitario Europeo de Florencia onde presentou a súa tese doutoral sobre o problema das nacionalidades na Europa de entreguerras. Os seus estudios máis coñecidos son “O galeguismo en América, 1879-1936” (Ed.do Castro, 1992) e, en coautoría con Xusto Beramendi, “O nacionalismo galego” (A Nosa Terra, 1995), valiosa síntese interpretativa da historia deste movemento; é autor ademais de múltiples monografías en congresos e revistas especializadas e de obras como “Emigrantes, caciques e indianos” (Xerais, 1998) e “Los nacionalismos en la España contemporánea” (Hipótesis, 1999). Organizou e coeditou con X.Beramendi o congreso e dous volumes de “Nationalism in Europe: Past and Present” (Santiago, 1994).

Alberto Vilanova,
escritor e historiador. Biógrafo de Curros Enríquez e autor de "Los gallegos en la Argentina" (2 vols.).
Na Segunda República foi dirixente ourensán de Acción Republicana. Estivo exiliado en América e volveu morrer a Ourense. Os seus libros e papeis, cunha amplísima colección de recortes de prensa, consérvanse na Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense.

Homenaxe ó poeta Manuel Curros Enríquez
na Coruña, diante do monumento de Asorey
e no centenario da súa morte.
Participaban no acto, presentes na foto (12 marzo 2008), Xosé R. Barreiro Fernández, presidente da RAG; Manuel González, secretario da RAG; Antonio Mouriño, alcalde de Celanova, e Rogelio Martínez, presidente da Deputación de Ourense.

Roteiro A Esmorga, de E. Blanco Amor (creado polo Clube
Cultural Alexandre Bóveda)
Esta placa púxose na súa casa dos últimos anos no barrio de As Lagoas (fronte ó Instituto).
O debuxo é, como todos os deste roteiro, do artista Manuel Figueiras.

O escritor Xosé Luís Méndez Ferrín
cando neno, polas rúas de Ourense
(foto familiar, publicada en Faro de Ourense,
cunha entrevista de X.M. del Caño)

O poeta e dramaturgo Millán Picouto (Ourense, 1949),
nun debuxo autorretrato de hai uns anos.
Premio Teatro da AELG 2008.
Ver a súa ficha na Biblioteca Virtual Galega.

Xosé Carlos Caneiro,
o escritor de Verín
nunha foto de infancia
Publicada en "Faro de Ourense",
cunha entrevista de X. M. del Caño,
marzo-abril 2008

Camilo Franco na época en que publicou "En malos pasos"
Foto de autor, do fotógrafo
Eduardo Núñez

26 abr 2008


O poeta Manuel Luís Acuña,
unha das grandes voces das vangardas galegas nos anos 30. Foi ademais mestre de primeiro ensino.

Portada do libro de Homenaxe realizado por Ed. Xerais, 2000, ó coidado literario de Ramón Nicolás e plástico de Antón Pulido.

Retrato de Pura Vázquez
(anos 50 aprox.)

Etiqueta da D.O. do viño do Ribeiro

Realizada polo artista Xaime Quessada
(Imaxe achegada por X. L. Carrión)

Cartel anunciando a Homenaxe a Antonio Caneda,
un dos mestres progresistas da A.T.E.O.,
natural de San Xoán de Río.
A homenaxe celebrouse en decembro do 2007.

Directiva da A.T.E.O.
Membros directivos da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Ourense:
Xosé Núñez, Adolfo R. Ansias, o poeta Manuel Luís Acuña, Elixio Núñez, Celso Vila e Aurelio Tesouro. Foto publicada no volume homenaxe a MANUEL LUÍS ACUÑA, Xerais, 2000.

Roteiro do Volter

Inaugurado o 14 de abril do 2008 por medio milleiro de ourensáns
nos actos de homenaxe ós artistiñas de O Volter.
O deseño esencial do mesmo é de Ánxeles Cuña.