19 abr 2008


Xesús Alonso Montero, nunha caricatura
de Pepe Carreiro
(Catálogo III Bienal Caricatura de Ourense, 1996)



Basilio Álvarez, o abade de Beiro, na coñecida caricatura de Castelao

(Catálogo 1 Bienal Caricatura, 1993, Ourense)


Antón Lousada Diéguez
Caricatura de Castelao
Catálogo 1 Bienal Caricatura
Ourense, 1993

17 abr 2008




Carteis das XX Xornadas de Banda Deseñada
(vía Benito Losada)

O artista lucense Alberto Guitián, afincado nos últimos anos en Barcelona, foi o encargado de facer o cartel da vixésima edición das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, que decorrerán na cidade das Burgas entre o 1 e o 18 de outubro. Como se trata dunha edición especial, por chegar ao número vinte, o cartel deste ano recibirá excepcionalmente unha dobre edición: en vez de un serán dous os carteis oficiais das XX Xornadas. En ambos, Guitián achégase con humor a
coñecidos personaxes dos cómics, facendo mesturas sorprendentes: un dos carteis mostra a Tintín convertido no Incrible Hulk, e o outro un cruzamento entre Popeye e Hellboy.
Ambos os carteis estarán expostos no stand de promoción da BD Galega da Consellería de Cultura no Saló del Còmic de Barcelona (17-21 de abril).
Alberto Guitián (Lugo 1974) é Licenciado en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra. Gañador de numerosos galardóns nas convocatorias da Xunta de Galicia, tamén foi premiado polo Injuve en 2003, así como en diversos certames de caricatura. Foi co-fundador a galería de arte Wootelo, en Lugo. Foi autor das series «Malas pulgadas» e «Petaco», que se publicaron semanalmente na revista Mister K (Ediciones El Jueves). Ten colaborado en publicacións como O Fanzine das Xornadas, Golfiño Bíblia, TMEO ou Mono Gráfico; actualmente colabora nas revistas Amaníaco, Cabezabajo, BD Banda, Barsowia e Retranca.
O Café Victoria
Fermosas imaxes (están tamén nas Uvas, 17-4-08), que nos envía o amigo Trebolle.
É o Café Victoria, na Avda. de Pontevedra. Leva meses pechado, por orde municipal, por un problema urbanístico: ten os servizos intercalados no edificio da súa esquerda e este está ameazado de derruba, creo. Por sorte, os novos propietarios deste café, cando o instalaron (haberá uns 20-25? anos), tiveron o bo gusto de deixar a decoración orixinal do mesmo, dun antigo comercio de "Coloniales Plus Ultra".
Segundo nos informou Xabier Álvarez nas Uvas, na galería da primeira planta estivo o Colexio Marista e el mesmo estudou alí.

Téñenme contado que foi a xornalista Maribel Outeiriño quen impediu que tirasen abaixo ese mural con azulexos cando o ían estragar os obreiros da reforma e convenceu ós propietarios de que se salvasen. En Ourense sempre estamos a laiarnos do que se perdeu (o Volter, tantos murais en comercios e edificios privados, etc.): ben, aquí temos, por sorte, unha mostra do contrario.

15 abr 2008


festa República 14-4-08, o roteiro homenaxe ó Volter na Praza Maior
Acisclo Manzano co político nacionalista Xosé M. Beiras
(foto Trebolle 10/10)

festa República 14-4-08, homenaxe a Buciños diante do seu monumento a Alexandre Bóveda (foto Trebolle 9/10), con representación de Sarabela