25 may 2008
3 may 2008
Recital poético no Liceo de Ourense, na sala de tertulias, mediados dos 90
Organizado polo Clube Cultural Alexandre Bóveda, nun Encontro de Escritores Ourensáns.
En primeira fila, Bieito Iglesias, Cristina Berg, Carlos Casares, M.V. e Xoán Fonseca.
Recitaban Manuel Guede Oliva, Chus Pato e Manuel Outeiriño (ver As Uvas na Solaina, maio 2008)
Neste mesmo local, ó fondo, facía Casares tertulia no Liceo cando viña á súa cidade natal. Hoxe hai alí, na parede do fondo, unha placa que lembra esa presenza.
Vista xeral de Ourense, nunha postal de mediados do século XX (?). Estaría tomada dende a actual Avda. de Portugal ou un pouco máis enriba (véxase a torre da Catedral en liña recta). Os que aínda non somos tan vellos lembramos ben os espazos do actual parque do Barbaño cheos de cultivos e vides. Foto achegada por Perfeuto A. Estévez.
1 may 2008
Unha visión nocturna da histórica Rúa da Paz, antes dos Zapateiros,
corazón da Xeración Nós.
(foto Israel Rodríguez Freire)
Ubícanse hoxe alí, entre outros, o Teatro Principal, Café Latino (facendo esquina), libraría Torga, Fina Rei, e as antigas vivendas de Vicente Risco, Otero Pedrayo e Xoaquín Lorenzo.
Xosé Manuel Núñez Seixas, historiador ourensán.
Unha nota miña na serie Ourense, universo literario (2000):
Xosé Manuel Núñez Seixas (Ourense, 1966), profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade de Compostela. Foi investigador do Instituto Universitario Europeo de Florencia onde presentou a súa tese doutoral sobre o problema das nacionalidades na Europa de entreguerras. Os seus estudios máis coñecidos son “O galeguismo en América, 1879-1936” (Ed.do Castro, 1992) e, en coautoría con Xusto Beramendi, “O nacionalismo galego” (A Nosa Terra, 1995), valiosa síntese interpretativa da historia deste movemento; é autor ademais de múltiples monografías en congresos e revistas especializadas e de obras como “Emigrantes, caciques e indianos” (Xerais, 1998) e “Los nacionalismos en la España contemporánea” (Hipótesis, 1999). Organizou e coeditou con X.Beramendi o congreso e dous volumes de “Nationalism in Europe: Past and Present” (Santiago, 1994).
Alberto Vilanova,
escritor e historiador. Biógrafo de Curros Enríquez e autor de "Los gallegos en la Argentina" (2 vols.).
Na Segunda República foi dirixente ourensán de Acción Republicana. Estivo exiliado en América e volveu morrer a Ourense. Os seus libros e papeis, cunha amplísima colección de recortes de prensa, consérvanse na Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense.
Homenaxe ó poeta Manuel Curros Enríquez
na Coruña, diante do monumento de Asorey
e no centenario da súa morte.
Participaban no acto, presentes na foto (12 marzo 2008), Xosé R. Barreiro Fernández, presidente da RAG; Manuel González, secretario da RAG; Antonio Mouriño, alcalde de Celanova, e Rogelio Martínez, presidente da Deputación de Ourense.
O poeta e dramaturgo Millán Picouto (Ourense, 1949),
nun debuxo autorretrato de hai uns anos.
Premio Teatro da AELG 2008.
Ver a súa ficha na Biblioteca Virtual Galega.