3 abr 2008
Roteiro Blanco Amor
(Foto Pepe Trebolle)
Un dos azulexos artísticos, do creador ourensán Manuel Figueiras, que van marcando o Roteiro Blanco Amor. O labor cerámico das placas foi obra de Xesús Costa e Xoán Torres.
O Roteiro foi unha iniciativa do Clube Alexandre Bóveda nos anos 90. Para o caso editouse un folleto explicativo, co concurso do Concello ourensán e textos de Afonso Monxardín, M. Valcárcel e M. Forcadela. Benito Losada encargouse das exitosas xestións co Concello e César Ansias e José Luís Alonso da xestión de infraestructuras. O Clube foi o principal impulsor do Roteiro nos seus primeiros anos: hoxe fano unha chea de grupos (turistas, escolares, etc.) ó longo do ano. Tamén o Liceo nunha saída anual fixa, arredor do mes de decembro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario