26 abr 2008


José Núñez Ares (Ourense, 1978)

Pianista. Véxase unha reportaxe sobre este músico
en El País 25-4-2008.

Diego Ameixeiras

Escritor. Varias das súas novelas están ambientadas na cidade ourensá.
Autorretrato publicado en
La Voz de Galicia, 25-4-08.
Diego Ameixeiras (1976), é xornalista, profesión que exerce en prensa, radio e televisión. Na actualidade traballa como guionista. Até o momento publicou as novelas Baixo Mínimos (Xerais 2004) , O cidadán do mes (Xerais 2006), ambas as dúas protagonizadas polo detective Horacio Dopico, e Tres segundos de memoria, Premio Xerais de novela 2006.(Ficha Xerais)
Sara Casasnovas (Ourense, 1984)
Actriz de teatro, cine e TV.
Fíxose popular en TVE cun papel protagonista na serie
Amar en tiempos revueltos.
Véxase a wikipedia e a súa web oficial.

24 abr 2008


Foto do Tucho, o dono do "Volter".
Publicada en Faro de Vigo,
"Domingo", 4.9.1988.
Recollida dende o blog de Ana Bande.

Interior do bar Tucho. Foto M.A.R. Yánez, tomada de prestado do blog de Ana Bande.

O Tucho no interior do "Volter". Foto Miguel Ángel R. Yánez, "Picho", prestada dende o blog de Ana Bande.

Don Albino Núñez Domínguez,
director de "Escuela del Trabajo" (ATEO)
e fundador dos Estudios Galicia.
Nos anos republicanos colaborou co Partido Republicano Radical Socialista en Ourense, como moitos outros mestres progresistas da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Ourense (ATEO).

Os seus descendentes están a recoller, en varios volumes, as súas prosas xornalísticas e poemas (ver As Uvas 22-4-2008).
Máis información en http://www.albinonunez.com/