17 abr 2008

O Café Victoria
Fermosas imaxes (están tamén nas Uvas, 17-4-08), que nos envía o amigo Trebolle.
É o Café Victoria, na Avda. de Pontevedra. Leva meses pechado, por orde municipal, por un problema urbanístico: ten os servizos intercalados no edificio da súa esquerda e este está ameazado de derruba, creo. Por sorte, os novos propietarios deste café, cando o instalaron (haberá uns 20-25? anos), tiveron o bo gusto de deixar a decoración orixinal do mesmo, dun antigo comercio de "Coloniales Plus Ultra".
Segundo nos informou Xabier Álvarez nas Uvas, na galería da primeira planta estivo o Colexio Marista e el mesmo estudou alí.

Téñenme contado que foi a xornalista Maribel Outeiriño quen impediu que tirasen abaixo ese mural con azulexos cando o ían estragar os obreiros da reforma e convenceu ós propietarios de que se salvasen. En Ourense sempre estamos a laiarnos do que se perdeu (o Volter, tantos murais en comercios e edificios privados, etc.): ben, aquí temos, por sorte, unha mostra do contrario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario