Ourensanía. Fotos de Ourense. Lugares, personaxes, libros.
Este blog de fotos abriuse o 26 de marzo do 2008.
Pois aquí estamos. Ourensanía-Fotos de Ourense nace como o primeiro fillo de As Uvas na Solaina, dalgún xeito complementario da bitácora principal.
A miña intención é deixar aquí un amplo Arquivo de Fotos de Ourense en diferentes perspectivas: lugares, personaxes, libros.
Aparecerán tanto fotos antigas como modernas, fotos propias como doutros medios (as que me parezan máis interesantes). Por suposto, admítense achegas de todos os interesados/as en función do perfil deste novo blog.
Ourensanía funcionará como Arquivo Clasificado tamén das fotos ourensás das Uvas (alí as etiquetas remiten ós temas de texto, non ás fotos).
As fotos aparecerán organizadas, co sistema de Etiquetas, en dúas direccións:
(1) Por cronoloxía: Ourense Antigo, Medieval, Moderno, Século XIX, s.XX, s.XXI.
(2) Por temática: Escritores. Artistas. Arquitectura. Teatro. Música. Turismo. Monumentos. Prensa. Asociacións. Xentes Populares. Políticos. Liceo de Ourense. Clube Cultural Alexandre Bóveda, Faíscas (fotos propias), etc. Ademais, os chamados Autores Principais (p.ex. Otero, Blanco Amor, Risco, Cuevillas, Ferrín, Casares, etc.) terán unha etiqueta propia.
Ademais de fotos, arquivaremos tamén imaxes artísticas, carteis, anuncios, etc.
Por que Ourensanía? O nome é un préstamo e homenaxe ó Manifesto da Ourensanía que hai uns anos redactou o poeta Luís González Tosar e asinamos un mangado de autores ourensáns.
Aspiro a, nun prazo non moi longo, ter clasificadas aquí un par de centos de fotos ourensás (xa están no meu ordenador). Quizais este material, iso agrado eu, sexa útil para estudiantes de diferentes niveis, xornalistas, historiadores, documentalistas, investigadores sociais, arquitectos, afeccionados á fotografía, etc.
Agradecementos:
Afonso V. Monxardín, David Simón, "Xoán da Coba", Gustavo Peaguda, Benito Losada, Eduardo Núñez, Pepe Trebolle, Fernando del Río, Maribel Outeiriño, Mani Moretón, Pili Prol, Santiago Barreiros, Xosé Lois Carrión, María Paz Gómez del Valle, Ana Bande, Israel Rodríguez Freire, Perfeuto A. Estévez.
Parabéns por esta iniciativa, Marcos. Un xeito de compartir cidadanía que fala da súa xenerosidade. Un "tesouro" virtual para todos, pero para os que xa non vivimos en Auria é algo especial.
ResponderEliminarA vida e un canastro cheo de sorpresas, as veces decataste de que soo fai falla votar un pe de diante do outro, pra ver como empeza a se mover o mundo.
ResponderEliminarParabens po la "idea".
Farei un enlace enseguida no meu blog http://ourensenotempo.blogspot.com
Saudos doutro namorado da "hestorea", urbanistica e das costumbres de Ourense.