27 abr. 2008


Do estío, 1997 (carbón e barras color), de Xosé Luís de Dios

Trashumantes, 1998 (carbón),
de Xosé Luís de Dios

Fuco Buxán, 1967,
de Xosé Luís de Dios

(inspirado no personaxe
de Celso Emilio Ferreiro)

Xosé Luís de Dios: "Do circo", 1985.

Comercio de venda de chocolates e outros produtos para golosos/as
"Fina Rei", na rúa da Paz ourensá
(Dela falamos nas Uvas, abril 2008)

Arturo Baltar, Vicente Risco e Antón Risco.
Foto da Fundación Risco.
Publicada en LVG 19.4.2008.

As termas da Chavasqueira (foto Pepe Trebolle)
Xosé Manuel Núñez Seixas, historiador ourensán.

Unha nota miña na serie Ourense, universo literario (2000):
Xosé Manuel Núñez Seixas (Ourense, 1966), profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade de Compostela. Foi investigador do Instituto Universitario Europeo de Florencia onde presentou a súa tese doutoral sobre o problema das nacionalidades na Europa de entreguerras. Os seus estudios máis coñecidos son “O galeguismo en América, 1879-1936” (Ed.do Castro, 1992) e, en coautoría con Xusto Beramendi, “O nacionalismo galego” (A Nosa Terra, 1995), valiosa síntese interpretativa da historia deste movemento; é autor ademais de múltiples monografías en congresos e revistas especializadas e de obras como “Emigrantes, caciques e indianos” (Xerais, 1998) e “Los nacionalismos en la España contemporánea” (Hipótesis, 1999). Organizou e coeditou con X.Beramendi o congreso e dous volumes de “Nationalism in Europe: Past and Present” (Santiago, 1994).

Alberto Vilanova,
escritor e historiador. Biógrafo de Curros Enríquez e autor de "Los gallegos en la Argentina" (2 vols.).
Na Segunda República foi dirixente ourensán de Acción Republicana. Estivo exiliado en América e volveu morrer a Ourense. Os seus libros e papeis, cunha amplísima colección de recortes de prensa, consérvanse na Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense.

Homenaxe ó poeta Manuel Curros Enríquez
na Coruña, diante do monumento de Asorey
e no centenario da súa morte.
Participaban no acto, presentes na foto (12 marzo 2008), Xosé R. Barreiro Fernández, presidente da RAG; Manuel González, secretario da RAG; Antonio Mouriño, alcalde de Celanova, e Rogelio Martínez, presidente da Deputación de Ourense.

Roteiro A Esmorga, de E. Blanco Amor (creado polo Clube
Cultural Alexandre Bóveda)
Esta placa púxose na súa casa dos últimos anos no barrio de As Lagoas (fronte ó Instituto).
O debuxo é, como todos os deste roteiro, do artista Manuel Figueiras.

O escritor Xosé Luís Méndez Ferrín
cando neno, polas rúas de Ourense
(foto familiar, publicada en Faro de Ourense,
cunha entrevista de X.M. del Caño)

O poeta e dramaturgo Millán Picouto (Ourense, 1949),
nun debuxo autorretrato de hai uns anos.
Premio Teatro da AELG 2008.
Ver a súa ficha na Biblioteca Virtual Galega.

Xosé Carlos Caneiro,
o escritor de Verín
nunha foto de infancia
Publicada en "Faro de Ourense",
cunha entrevista de X. M. del Caño,
marzo-abril 2008

Camilo Franco na época en que publicou "En malos pasos"
Foto de autor, do fotógrafo
Eduardo Núñez

26 abr. 2008


O poeta Manuel Luís Acuña,
unha das grandes voces das vangardas galegas nos anos 30. Foi ademais mestre de primeiro ensino.

Portada do libro de Homenaxe realizado por Ed. Xerais, 2000, ó coidado literario de Ramón Nicolás e plástico de Antón Pulido.

Retrato de Pura Vázquez
(anos 50 aprox.)

Etiqueta da D.O. do viño do Ribeiro

Realizada polo artista Xaime Quessada
(Imaxe achegada por X. L. Carrión)

Cartel anunciando a Homenaxe a Antonio Caneda,
un dos mestres progresistas da A.T.E.O.,
natural de San Xoán de Río.
A homenaxe celebrouse en decembro do 2007.

Directiva da A.T.E.O.
Membros directivos da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Ourense:
Xosé Núñez, Adolfo R. Ansias, o poeta Manuel Luís Acuña, Elixio Núñez, Celso Vila e Aurelio Tesouro. Foto publicada no volume homenaxe a MANUEL LUÍS ACUÑA, Xerais, 2000.

Roteiro do Volter

Inaugurado o 14 de abril do 2008 por medio milleiro de ourensáns
nos actos de homenaxe ós artistiñas de O Volter.
O deseño esencial do mesmo é de Ánxeles Cuña.

José Núñez Ares (Ourense, 1978)

Pianista. Véxase unha reportaxe sobre este músico
en El País 25-4-2008.

Diego Ameixeiras

Escritor. Varias das súas novelas están ambientadas na cidade ourensá.
Autorretrato publicado en
La Voz de Galicia, 25-4-08.
Diego Ameixeiras (1976), é xornalista, profesión que exerce en prensa, radio e televisión. Na actualidade traballa como guionista. Até o momento publicou as novelas Baixo Mínimos (Xerais 2004) , O cidadán do mes (Xerais 2006), ambas as dúas protagonizadas polo detective Horacio Dopico, e Tres segundos de memoria, Premio Xerais de novela 2006.(Ficha Xerais)
Sara Casasnovas (Ourense, 1984)
Actriz de teatro, cine e TV.
Fíxose popular en TVE cun papel protagonista na serie
Amar en tiempos revueltos.
Véxase a wikipedia e a súa web oficial.

24 abr. 2008


Foto do Tucho, o dono do "Volter".
Publicada en Faro de Vigo,
"Domingo", 4.9.1988.
Recollida dende o blog de Ana Bande.

Interior do bar Tucho. Foto M.A.R. Yánez, tomada de prestado do blog de Ana Bande.

O Tucho no interior do "Volter". Foto Miguel Ángel R. Yánez, "Picho", prestada dende o blog de Ana Bande.

Don Albino Núñez Domínguez,
director de "Escuela del Trabajo" (ATEO)
e fundador dos Estudios Galicia.
Nos anos republicanos colaborou co Partido Republicano Radical Socialista en Ourense, como moitos outros mestres progresistas da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Ourense (ATEO).

Os seus descendentes están a recoller, en varios volumes, as súas prosas xornalísticas e poemas (ver As Uvas 22-4-2008).
Máis información en http://www.albinonunez.com/


Leuter González Salgado nos seu derradeiros anos (c)
Foto achegada por X. L. Carrión.

A autora da foto é Cristina Nuevo, dona -hoxe viúva- de Cesáreo Saco, vello mestre galeguista de Monforte de Lemos, aínda que tras a Guerra Civil negouse a asinar o obrigatorio documento de adhesión ao réxime franquista esixido para convalidar o título de mestre obtido na República. Antes que aceptar, estudou Dereito e viviu da Avogacía. Foi un dos fundadores -o 23 de agosto de 1963- do Partido Socialista Galego (PSG), organización pola que foi concelleiro dentro de Unidade Galega (formada polo PSG, PGSD -Partido Galego Social Demócrata- e POG -Partido Obreiro Galego-). Deixou a militancia coa desaparición do PSG, a comezos dos anos 80. A foto, aínda que tirada en novembro de 1963, recollía unha imaxe de Leuter Salgado moi similar á que tivo á fin da súa vida (29.03.1977). (XLC.)
Ver As Uvas na Solaina 22 abril 2008.

Leuter González Salgado nos anos 30 (c)
Foto achegada por X. L. Carrión.

Leuter González Salgado (c)
Colección achegada por X. L. Carrión

Caricatura de Leuter González Salgado por parte de Carlos Maside, publicada en "Galicia Emigrante", ano V, febreiro.marzo de 1958, revista que se editaba en Bos Aires dirixida por Luis Seoane. Copio literalmente o pé da caricatura: "Eleuter González Salgado, notable pedagogo gallego al que se deben además numerosos estudios breves dedicados a temas de Galicia, en una pose suya en la asamblea de minicipios de Compostela, recogida en rápido apunte por el magistral lápiz de Maside".
Cruz Vermella
Foto achegada por X.L. Carrión; (c) Leuter G. Salgado.


En Reis do 36, a Cruz Vermella de Ourense entregou agasallos aos nenos/as máis necesitados. Na foto recoñécense: Peña Rey - ? - ? - ? - Leuter González Salgado - ? - Josefina Bustamante (Fita, dona de Ramón Otero Pedrayo) - ?....

Cruz Vermella
Foto achegada por X.L. Carrión; (c) Leuter G. Salgado.

Xunto con membros da Cruz Vermella aparecen, no centro, Andrés Perille (presidente da entidade entre 1933-35) e Leuter González Salgado. concelleiro de Ourense. Segundo indica a publicación da Cruz Vermella: "...no ano 1933 o Concello de Ourense implícase no Dispensario da Cruz Vermella pois, o 30 de setembro de 1933 asinará un acordo no que subvencionará con 8.000 pesetas o Cuarto de Socorro...".

Cruz Vermella.
Foto achegada por X.L. Carrión; (c) Leuter G. Salgado.

Ano 1934. Damas postulantes ourensás. Están localizadas/os: Adiante: ? - ? - ? - Lucita Rego - ? - ? - Peña Rey (dona do xinecólogo Echegóyen, irmá de Manuel) - Conchita Maceda (dona de Rodríguez Portugal). Detrás: Leuter G. Salgado, presidente provincial da Cruz Vermella - Arturo Reigosa (practicante) -Manuel Suárez Castro - ?.

Cruz Vermella
Foto achegada por Xosé Lois Carrión; (c) Leuter Gzez. Salgado.

Os practicantes da Cruz Vermella Arturo Reigosa e Aurelio, xunto con nenos e nenas merendando cuncas de chocolate, na sede da entidade -baixos da Deputación, rúa Fonte do Rei-. Foto Villar, 1931. Esta foto, xunto a outras vinculadas a Leuter González Salgado, foron cedidas para figuraren na publicación "Imaxes da Cruz Vermella", editada pola Deputación en 1996 por mor da inauguración da nova sede provincial, na rúa Díaz de la Banda (ao entrar na ponte nova, dirección estación de ferrocarril, á dereita).

Cabalo de TrRoia, de Manuel Figueiras, 2008


Autorretrato,
de David Rubín,
exitoso debuxante ourensán de BD.
Mantén o blog

Foto histórica do recital do cantautor catalán Raimon en Compostela, 1967. O ourensán Carlos Casares, na foto, foi un dos promotores do acto.
A imaxe pertence á Mostra sobre Maio do 68 exhibida en Santiago en abril do 2008.

19 abr. 2008



Portada do CD "Paraugas universal" do grupo ourensán Lamatumbá inspirado no xenial Xoán da Coba e no seu invento contra a chuvia...


Lamatumbá,
grupo musical ourensán.

(ver As Uvas... 19-4-08)

Xaime Quessada,
en caricatura do seu irmán Carlos
III Bienal Caricatura Ourense, 1996

Ramón Otero Pedrayo,
por Siro López

I Bienal Caricatura de Ourense, 1993
Esta caricatura foi reproducida múltiples veces. Pero, se a memoria non me falla, Siro debeu publicala por primeira vez na sección "Con esta lupa" de Carlos Casares, en La Región, aló polo 1973-1974.

Don Xoaquín Lorenzo,
antropólogo e estudoso da cultura popular,
rodeado dos obxectos e aparellos que tanto estudou e amou
Caricatura de Siro López
I Bienal Caricatura Ourense, 1993

Victorino Núñez,
daquela dirixente Centristas de Galicia
e pte. Deputación Ourense
Caricatura de Xosé Lois González
para A Nosa Terra
I Bienal Caricatura Ourense, 1993

Xosé Luís Baltar, pte. Deputación de Ourense,

caricatura de Xosé Lois González
I Bienal Caricatura Ourense, 1993

O fotógrafo Mani Moretón
en caricatura de Carlos Quesada, 1994
III Bienal Caricatura de Ourense


Xavier Casares
en caricatura de Omar Pérez

Tamén un dos responsables da Fundación Carlos Casares, que colabora a cotío co Liceo Ourensán na vida cultural da cidade

III Bienal da Caricatura Ourense, 1995


Manuel de Dios,
poeta, músico, compositor...

Caricatura de Carlos Quesada
Catálogo I Bienal Caricatura Ourense, 1993.
Ver As Uvas na Solaina, 18 abril 2008.

Adolfo Domínguez,
caricatura da autoría
de Antonio Amado Lorenzo,
accésit na I Bienal Caricatura Ourense, 1993

Eduardo Blanco Amor,
por Siro López.
Debuxo dos anos 70, con don Eduardo rodeado dos seus personaxes de A Esmorga: velaí o Milhomes, o Bocas, a Socorrito, etc.


(Catálogo I Bienal Caricatura Ourense, 1993)