25 may 2008
3 may 2008
Recital poético no Liceo de Ourense, na sala de tertulias, mediados dos 90
Organizado polo Clube Cultural Alexandre Bóveda, nun Encontro de Escritores Ourensáns.
En primeira fila, Bieito Iglesias, Cristina Berg, Carlos Casares, M.V. e Xoán Fonseca.
Recitaban Manuel Guede Oliva, Chus Pato e Manuel Outeiriño (ver As Uvas na Solaina, maio 2008)
Neste mesmo local, ó fondo, facía Casares tertulia no Liceo cando viña á súa cidade natal. Hoxe hai alí, na parede do fondo, unha placa que lembra esa presenza.
Vista xeral de Ourense, nunha postal de mediados do século XX (?). Estaría tomada dende a actual Avda. de Portugal ou un pouco máis enriba (véxase a torre da Catedral en liña recta). Os que aínda non somos tan vellos lembramos ben os espazos do actual parque do Barbaño cheos de cultivos e vides. Foto achegada por Perfeuto A. Estévez.
1 may 2008
Unha visión nocturna da histórica Rúa da Paz, antes dos Zapateiros,
corazón da Xeración Nós.
(foto Israel Rodríguez Freire)
Ubícanse hoxe alí, entre outros, o Teatro Principal, Café Latino (facendo esquina), libraría Torga, Fina Rei, e as antigas vivendas de Vicente Risco, Otero Pedrayo e Xoaquín Lorenzo.