Do estío, 1997 (carbón e barras color), de Xosé Luís de Dios
27 abr 2008
Xosé Manuel Núñez Seixas, historiador ourensán.
Unha nota miña na serie Ourense, universo literario (2000):
Xosé Manuel Núñez Seixas (Ourense, 1966), profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade de Compostela. Foi investigador do Instituto Universitario Europeo de Florencia onde presentou a súa tese doutoral sobre o problema das nacionalidades na Europa de entreguerras. Os seus estudios máis coñecidos son “O galeguismo en América, 1879-1936” (Ed.do Castro, 1992) e, en coautoría con Xusto Beramendi, “O nacionalismo galego” (A Nosa Terra, 1995), valiosa síntese interpretativa da historia deste movemento; é autor ademais de múltiples monografías en congresos e revistas especializadas e de obras como “Emigrantes, caciques e indianos” (Xerais, 1998) e “Los nacionalismos en la España contemporánea” (Hipótesis, 1999). Organizou e coeditou con X.Beramendi o congreso e dous volumes de “Nationalism in Europe: Past and Present” (Santiago, 1994).
Alberto Vilanova,
escritor e historiador. Biógrafo de Curros Enríquez e autor de "Los gallegos en la Argentina" (2 vols.).
Na Segunda República foi dirixente ourensán de Acción Republicana. Estivo exiliado en América e volveu morrer a Ourense. Os seus libros e papeis, cunha amplísima colección de recortes de prensa, consérvanse na Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense.
Homenaxe ó poeta Manuel Curros Enríquez
na Coruña, diante do monumento de Asorey
e no centenario da súa morte.
Participaban no acto, presentes na foto (12 marzo 2008), Xosé R. Barreiro Fernández, presidente da RAG; Manuel González, secretario da RAG; Antonio Mouriño, alcalde de Celanova, e Rogelio Martínez, presidente da Deputación de Ourense.
O poeta e dramaturgo Millán Picouto (Ourense, 1949),
nun debuxo autorretrato de hai uns anos.
Premio Teatro da AELG 2008.
Ver a súa ficha na Biblioteca Virtual Galega.
26 abr 2008
Diego Ameixeiras
Escritor. Varias das súas novelas están ambientadas na cidade ourensá.
Autorretrato publicado en
La Voz de Galicia, 25-4-08.
Diego Ameixeiras (1976), é xornalista, profesión que exerce en prensa, radio e televisión. Na actualidade traballa como guionista. Até o momento publicou as novelas Baixo Mínimos (Xerais 2004) , O cidadán do mes (Xerais 2006), ambas as dúas protagonizadas polo detective Horacio Dopico, e Tres segundos de memoria, Premio Xerais de novela 2006.(Ficha Xerais)
Sara Casasnovas (Ourense, 1984)
Actriz de teatro, cine e TV.
Fíxose popular en TVE cun papel protagonista na serie
Amar en tiempos revueltos.
Véxase a wikipedia e a súa web oficial.
Actriz de teatro, cine e TV.
Fíxose popular en TVE cun papel protagonista na serie
Amar en tiempos revueltos.
Véxase a wikipedia e a súa web oficial.
24 abr 2008
Don Albino Núñez Domínguez,
director de "Escuela del Trabajo" (ATEO)
e fundador dos Estudios Galicia.
Nos anos republicanos colaborou co Partido Republicano Radical Socialista en Ourense, como moitos outros mestres progresistas da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Ourense (ATEO).
Os seus descendentes están a recoller, en varios volumes, as súas prosas xornalísticas e poemas (ver As Uvas 22-4-2008).
Máis información en http://www.albinonunez.com/
Leuter González Salgado nos seu derradeiros anos (c)
Foto achegada por X. L. Carrión.
A autora da foto é Cristina Nuevo, dona -hoxe viúva- de Cesáreo Saco, vello mestre galeguista de Monforte de Lemos, aínda que tras a Guerra Civil negouse a asinar o obrigatorio documento de adhesión ao réxime franquista esixido para convalidar o título de mestre obtido na República. Antes que aceptar, estudou Dereito e viviu da Avogacía. Foi un dos fundadores -o 23 de agosto de 1963- do Partido Socialista Galego (PSG), organización pola que foi concelleiro dentro de Unidade Galega (formada polo PSG, PGSD -Partido Galego Social Demócrata- e POG -Partido Obreiro Galego-). Deixou a militancia coa desaparición do PSG, a comezos dos anos 80. A foto, aínda que tirada en novembro de 1963, recollía unha imaxe de Leuter Salgado moi similar á que tivo á fin da súa vida (29.03.1977). (XLC.)
Ver As Uvas na Solaina 22 abril 2008.
Leuter González Salgado (c)
Colección achegada por X. L. Carrión
Caricatura de Leuter González Salgado por parte de Carlos Maside, publicada en "Galicia Emigrante", ano V, febreiro.marzo de 1958, revista que se editaba en Bos Aires dirixida por Luis Seoane. Copio literalmente o pé da caricatura: "Eleuter González Salgado, notable pedagogo gallego al que se deben además numerosos estudios breves dedicados a temas de Galicia, en una pose suya en la asamblea de minicipios de Compostela, recogida en rápido apunte por el magistral lápiz de Maside".
Cruz Vermella
Foto achegada por X.L. Carrión; (c) Leuter G. Salgado.
Xunto con membros da Cruz Vermella aparecen, no centro, Andrés Perille (presidente da entidade entre 1933-35) e Leuter González Salgado. concelleiro de Ourense. Segundo indica a publicación da Cruz Vermella: "...no ano 1933 o Concello de Ourense implícase no Dispensario da Cruz Vermella pois, o 30 de setembro de 1933 asinará un acordo no que subvencionará con 8.000 pesetas o Cuarto de Socorro...".
Cruz Vermella.
Foto achegada por X.L. Carrión; (c) Leuter G. Salgado.
Ano 1934. Damas postulantes ourensás. Están localizadas/os: Adiante: ? - ? - ? - Lucita Rego - ? - ? - Peña Rey (dona do xinecólogo Echegóyen, irmá de Manuel) - Conchita Maceda (dona de Rodríguez Portugal). Detrás: Leuter G. Salgado, presidente provincial da Cruz Vermella - Arturo Reigosa (practicante) -Manuel Suárez Castro - ?.
Cruz Vermella
Foto achegada por Xosé Lois Carrión; (c) Leuter Gzez. Salgado.
Os practicantes da Cruz Vermella Arturo Reigosa e Aurelio, xunto con nenos e nenas merendando cuncas de chocolate, na sede da entidade -baixos da Deputación, rúa Fonte do Rei-. Foto Villar, 1931. Esta foto, xunto a outras vinculadas a Leuter González Salgado, foron cedidas para figuraren na publicación "Imaxes da Cruz Vermella", editada pola Deputación en 1996 por mor da inauguración da nova sede provincial, na rúa Díaz de la Banda (ao entrar na ponte nova, dirección estación de ferrocarril, á dereita).