31 mar 2008
Blanco Amor cando viaxa a Galicia a visitar a súa nai (1933), que morrerá pouco despois
Vítor Freixanes ten comentado que esta foto, pola súa pose, representa a volta do americano tralo seu éxito na emigración: como unha constatación do seu triunfo en América. (Por outra parte, non hai retrato de Blanco Amor no que, dun xeito ou outro, o novelista non estea posando para a cámara).
29 mar 2008
Retrato do poeta Manuel Curros Enríquez
CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL. 1914: CURROS EN “PLATERO Y YO” (Marcos Valcárcel)
Foi neste ano, exactamente o día de Nadal e na “edición
menor” de La Lectura cando o poeta de Moguer publicou a primeira edición de Platero y yo. No capítulo dezasete deste libro “para nenos”, o titulado “El niño tonto”, hai unha alusión directa ao poeta galego Curros Enríquez: “Un día, cuando pasó por la calle blanca aquel mal viento negro, no vi ya al niño en su puerta. Cantaba un pájaro en el solitario umbral, y yo me acordé de Curros, padre más que poeta, que, cuando se quedó sin su niño, le preguntaba por él a la mariposa gallega: Volvoreta d’ aliñas douradas...”. Hoxe sabemos, por Alonso Montero, que Juan Ramón Jiménez coñecía desde novo o poema “¡Ai!” de Curros, citado nese texto, e que tamén fixo traduccións de Rosalía e de A Virxe de Cristal, poetas que lera no Ateneo de Sevilla e dos que gardaba na casa as primeiras edicións moitos anos despois (1958).
No mesmo ano de 1914 remataban de publicarse, cun tomo seis, as Obras Completas de Curros Enríquez. Pola súa banda, Eugenio López Aydillo publicaba en Madrid a súa escolma Las mejores poesías gallegas, a segunda antoloxía galega do século XX (posterior á de Carré Aldao), dividida en dúas partes, unha primeira sobre poesía trobadoresca e unha segunda sobre os poetas do seu tempo. Outro libro desas datas foi La aldea gallega, publicado en Cádiz, importante estudo sociolóxico de Nicolás Tenorio arredor do mundo tradicional galego.
(Caricatura de Siro López)
Benito López Losada, director da Casa da Xuventude de Ourense dende 1975.
Lugo, Ourense, Grandas de Salime.
Benito, Lourdes, Anxo.
Outono Fotográfico. Xornadas de Banda Deseñada. Maio Xove. Clube Cultural Alexandre Bóveda. Bienal da Caricatura. Concurso de Contos da Mocidade, etc. etc. etc. Unha peza fundamental da arquitectura cultural de Ourense (e Galicia) nos últimos 30 anos.
A caricatura de Siro publicouse en "La Voz de Galicia" e tamén no volume homenaxe que lle fixemos os amigos, Benito Losada. Vintecinco anos de labor cultural en Ourense (Concello Ourense, 2001). Este libro é tamén unha boa antoloxía do humor gráfico galego e portugués: Siro, Xosé Lois, Pepe Carreiro, Omar Pérez, H. Torreiro, Pinto Chinto, Fernando Quesada, Carlos Quesada, Suso Sanmartín, Onofre Varela, etc.